Vázquez remite a proposta para reformar o Estatuto a líderes empresariais, sindicais, sociais, culturais e económicos de Galicia

Vázquez remite a proposta para reformar o Estatuto a líderes empresariais, sindicais, sociais, culturais e económicos de Galicia

Vázquez remite a proposta para reformar o Estatuto a líderes empresariais, sindicais, sociais, culturais e económicos de Galicia

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, remitiu a máis de 150 líderes empresariais, sindicais, sociais, culturais e económicos de Galicia a proposta dos socialistas galegos para a reforma do Estatuto, que será debatida a vindeira semana no Parlamento.

A proposta foi enviada aos colectivos e organismos máis representativos da nosa comunidade, entre os que se atopan entidades bancarias, empresas, cámaras de comercio e confederacións de empresarios, asociacións sociais e culturais, sindicatos, fundacións, universidades, colexios profesionais e organismos autónomos de Galicia, entre eles a RAG, o CES, o Consello Consultivo, o Valedor do Pobo ou o Consello da Cultura Galega.

Na misiva que a acompaña, o líder dos socialistas galegos lembra que o Estatuto é o principal instrumento para desenvolver políticas propias no ámbito económico, social e cultural. Por elo, afonda na necesidade desta reforma tendo en conta as actuais circunstancias económicas, a fin de adaptar o Estatuto, no marco da Constitución, á realidade actual da nosa comunidade.

Vázquez explica nesta carta que os socialistas galegos avogan por un gran acordo entre todas as forzas políticas, co obxectivo de acadar, antes de que remate a lexislatura, un marco financeiro e competencial máis axeitado para saír reforzados da crise, e para blindar os servizos públicos esenciais.

Proposición Lei Reforma Estatuto

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar