Vázquez: “Rajoy e o goberno de Feijoo sacaron hoxe a máscara coa que viña enganando a tódolos galegos”

Vázquez: “Rajoy e o goberno de Feijoo sacaron hoxe a máscara coa que viña enganando a tódolos galegos”

Vázquez: “Rajoy e o goberno de Feijoo sacaron hoxe a máscara coa que viña enganando a tódolos galegos”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE,  Manuel Pachi Vázquez, pediulle hoxe ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e a todo Goberno Galego que esixa ao Partido Popular e ao seu presidente, Mariano Rajoy, “o mesmo que lle esixen ao Goberno de Zapatero e ao ministro de Fomento, José Blanco, sobre o AVE a Galicia”.

Vázquez respondeu así de contundente ás declaracións realizadas por Mariano Rajoy nas que asegura que si chega ser o vindeiro Presidente realizará o AVE en función dos recursos, no le pondre fecha.

O líder socialista fixo estas declaracións na localidade lucense de Foz donde participou nun acto con militantes e simpatizantes deste municipio, e no que estivo acompañado do Presidente da Junta da Andalucia, Jose Antonio Griñan.

O secretario xeral dos socialistas galegos afirmou “hoxe o Partido Popular, Rajoy e o Goberno galego sacáronse a máscara coa que viña enganando a toda Galicia”. E proseguiu coas súas criticas “hoxe o candidato do Partido Popular anunciou o certificado de defunción da alta velocidade a Galicia se gaña o PP. Hoxe anuncia que se Mariano Rajoy chega ao Goberno non ten prazo para facer o AVE, di que o fará cando poida e se ten diñeiro. É dicir, non hai AVE galego”, espetou Vázquez.

Dixo que isto “o fan os mesmos que, a un goberno socialista que inviste 650 millóns ao ano,  e ademais ponlle trabas e dificultades tódolos días sobre a construcción desta infraestructura”.  E concluíu “eu pídolle ao Goberno galego que desminta as súas palabras e que o mesmo que se lle esixe ao Goberno de Zapatero e a Jose Blanco, iso ten que garantilo o PP” , resumiu Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar