Vázquez proponlle a Feijóo unha xuntanza de traballo para acordar unha proposta que permita crear 20.000 empregos no próximo ano

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, propúxolle hoxe a Feijóo unha xuntanza de traballo entre os responsables económicos dos grupos parlamentarios dos Socialistas de Galicia e do PPdeG para “acordar unha proposta que permita promover dende a administración autonómica un número de 20.000 novos empregos no próximo ano”.

O responsable socialista remitiulle hoxe ao presidente da Xunta unha nova carta na que reitera a proposta de acordo lanzada a pasada semana, e que consistiría un Plan Específico contra o desemprego cun investimento de 120 millóns de euros. Propón hoxe un encontro “canto antes” entre os responsables da área económica dos dous grupos parlamentarios “para estudar as posibles alternativas e tomar medidas ao respecto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar