Vázquez propón reducir a 6 os 69 organismos autónomos da Xunta e destinar os 100 millóns de aforro á creación de emprego

Vázquez propón reducir a 6 os 69 organismos autónomos da Xunta e destinar os 100 millóns de aforro á creación de emprego

Vázquez propón reducir a 6 os 69 organismos autónomos da Xunta e destinar os 100 millóns de aforro á creación de emprego

O presidente do Grupo Socialista e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, propuxo hoxe a redución a 6 os 69 organismos autónomos que integran a administración paralela da Xunta. Sinalou que esta medida permitiría aforrar 100 millóns de euros de maneira inmediata para investilos no impulso da reactivación económica e a creación de emprego en Galicia.

O líder dos socialistas galegos considerou intolerable que a administración paralela xestiona actualmente o 48 por cento do orzamento do goberno galego, polo que propuxo agrupalas en seis grandes órganos que corresponden coas principais áreas. Estas son economía e industria, sanidade e dependencia, territorio e medio ambiente, cultura e comunicación, sectores primarios e asesoramento e consultorías.

Salientou ademais a necesidade de que as diferentes consellerías absorban “moitos dos entes” que formalmente dependen delas, xa que “non podemos manter a 69 xerentes e cargos de confianza”. Ademais, o aforro desta modificación deberá ser investido para impulsar a economía e crear emprego, xa que do contrario tan só estaríase “jibarizando” a administración autonómica sen ningunha consecuencia positiva.

Pachi Vázquez propuxo ademais habilitar o mes de xaneiro para traballo parlamentario xa que “no momento mais crítico para a economía galega o Parlamento non pode estar pechado e sen traballar”. Criticoulle a Feijóo que manteña á Xunta “de vacacións” cando volvemos superar o récord de parados de toda a historia de Galicia e preguntoulle “de qué está orgulloso” cando en decembro España reduciu 1.900 parados e esta Comunidade Autónoma aumentou 5.000.

Fraude electoral

Pachi Vázquez dixo hoxe que a reforma do Goberno aprobada onte por Feijóo “non é mais que un remendo, un trámite, un parche para facer tempo e esperar a un adianto electoral”. Advertiu así que un adianto electoral para un goberno que ten maioría absoluta “é un fraude electoral” para “volver enganar aos galegos que confiaron neste goberno” xa que o adianto tería sentido “nun executivo en minoría que non puidera gobernar”.

O líder dos socialistas galegos criticou o triunfalismo amosado polo presidente da Xunta na reforma do seu goberno cando Galicia “desángrase” superando cada mes o récord de parados, superando en 50 veces á media estatal no pasado mes de decembro mentres o goberno galego duplica en só dous anos e medio o endebedamento dos 28 anos da autonomía de Galicia.

Contrastou que mentres Feijóo permanece “encantado consigo mesmo” os recortes nos orzamentos para o próximo ano suporán a desaparición de outros 25.000 empregos, as explotacións gandeiras padecen un “peche masivo”, a obra pública é paralizadas en seco, Galicia sufre a crise dos sectores naval ou pesqueiro e non é quén de solucionar o “drama demográfico” e o incremento das colas nos comedores sociais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar