Vázquez presenta en Ourense a candidatura que defenderá nun momento trascendental a calidade de vida das persoas

Vázquez presenta en Ourense a candidatura que defenderá nun momento trascendental a calidade de vida das persoas

Vázquez presenta en Ourense a candidatura que defenderá nun momento trascendental a calidade de vida das persoas


O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, presentou hoxe na cidade de Ourense a candidatura socialista ás Corte Xerais por esta provincia para o 20-N, acto no que afirmou que estamos nun momento “trascendental” porque nos xogamos “a calidade de vida das persoas”.

Vázquez sinalou que en realidade “case non habería que facer campaña”, porque nos últimos 8 anos Galicia recibiu a maior inversión da súa historia, 15.000 millóns de euros, e que o goberno socialista converteu a Ourense na porta de entrada de Galicia coa Alta Velocidade.

Pola contra, destacou, as cifras dos orzamentos da Xunta falan por si soas: 270 M€ para A Coruña, 230 M€ para Pontevedra, 175 M€ para Lugo, e 90 M€ para Ourense.

O líder dos socialistas galegos censurou o abandono na Xunta de Galicia á provincia de Ourense durante a vaga de lumes deste mes de outubro, durante a que non se dignaron a vir por aquí, e mentres un estaba na Arxentina e outro no Bernabeu en Ourense houbo un incendio que comezou o 2 de outubro e se apagou o 23 porque choveu, se non estaría inda ardendo agora.

Tamén explicou que as receitas do PP en Galicia fixeron que o a taxa de desemprego crecera no último ano o dobre que en España, un 16%, e que agora haxa dous tipos de asistencia sanitaria en Galicia, a de PSR, persoas sen recursos, e a de PCR, persoas con recursos.

Con respecto ao recorte do 80% aos concellos para os servizos sociais, Vázquez animou aos alcaldes, e portavoces a facer a próxima semana unha revolución, e explicarlles aos traballadores sociais que o Goberno da xunta os quere deixar sen traballo, ás persoas que reciben os servizos que os van deixar desatendidos e aos axentes sociais que o goberno decidiu deixalos sós.

“O Goberno galego é un desastre e o presidente é un paquete”, dixo, ao que engadiu que “a este país non lle sobran deputados, o que lle falta é un goberno”, en alusión á proposta de Alfonso Rueda de pasar de 75 a 60 deputados no Parlamento de Galicia.

Tamén advertiu que nesta provincia non hai ningunha posibilidade de que salga un deputado de esquerdas que non sexa do Partido Socialista, e que despois non valen as lamentacións.

A candidata ao Congreso, Laura Seara, salientou a excelente candidatura do PsdeG na provincia, un equipo compacto cuxo nexo común é que somos profundamente socialistas”.

Na súa intervención Seara indicou que no 2004 comezamos a lexislatura loitando contra unha guerra, e agora rematamos a lexislatura con outra: “a guerra dos recortes, a guerra do PP contra o Estado de Benestar, unha guerra que hai que gañar e que é especialmente importante na provincia de Ourense”.

A candidata ao Congreso lembrou que antes os socialistas loitábamos contra a Galicia das dúas velocidades, e agora o Partido Popular está creando a Galicia da terceira velocidade, que ten o seu máximo expoñente no Macizo Central e na Baixa Limia.

Seara apuntou que os socialistas cremos no futuro da provincia de Ourense, na innovación como ferramenta imprescindible para construír a provincia que queremos, “porque temos memoria, e sabemos de ónde vimos e ónde queremos chegar”.

En clave de igualdade a candidata pediu ás mulleres que pensen nos retrocesos que vai a haber se o PP chega á Moncloa.

Por último afirmou que o 20 de novembro haberá un goberno de progreso, encabezado por Alfredo Pérez Rubalcaba, un goberno que defenderá o Estado de Benestar, a educación e sanidade públicas, a igualdade, o goberno que realmente merece a cidadanía española.

O secretario Xeral Provincial, Raúl Fernández, tamén fixo referencia á importancia destas eleccións, que cualificou de “trascendentais”, para o que puxo como exemplo a “animalada” dos recortes da Xunta aos concellos para a prestación do servizo a domicilio, nunha provincia tan envellecida onde a atención aos mariores é fundamental para que a poboación teña calidade de vida e dignidade.

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, foi o anfitrión deste acto que serve de pistoletazo de saída da campaña que oficialmente comezará a vindeira semana, e salientou que nunca na historia deste país houbo un goberno máis inversor na provincia de Ourense.

Rodríguez advertiu que “non está todo feito”, e que os socialistas da capital estarán cos candidatos “as 24 horas do día para manter os dous deputados que o PSdeG ten por esta provincia no Congreso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar