Vázquez preguntará a Feijóo pola situación económica de Galicia no próximo pleno do Parlamento

Vázquez preguntará a Feijóo pola situación económica de Galicia no próximo pleno do Parlamento

Vázquez preguntará a Feijóo pola situación económica de Galicia no próximo pleno do Parlamento

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, preguntará a Feijóo no próximo Pleno do Parlamento pola situación económica de Galicia. Así o anunciou hoxe o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, logo da reunión da Xunta de Portavoces da Cámara autonómica.

Pachi Vázquez centrará a sesión de control da próxima sesión plenaria na situación económica de Galicia logo de coñecer hoxe os datos do paro rexistrado en setembro, que evidencian que Galicia rexistrou con Feijóo o maior incremento neste mes dende que existen datos.

O portavoz socialista, Abel Losada, explicou que na próxima sesión plenaria comparecerá a conselleira de Economía para dar conta da situación de NCG, que, dixo, “constitúe a evidencia dun fracaso enriba de outro fracaso de Feijóo”. Dixo que a aposta polo control político do sistema financeiro por parte do presidente da Xunta “derivou na súa desaparición”.

Dixo que o goberno galego debe explicar “cómo se chegou á situación actual” e reclamou a Feijóo que asuma a súa responsabilidade logo de “capitanear o proceso de fusión” e reclamoulle que “deixe de agochar a súa incapacidade detrás do Goberno e do Banco de España”. Sinalou que “no Parlamento seguimos esperando a auditoría de KPMG contratada pola Xunta por un millón de euros para xustificar o proceso”.

Cualificou tamén de “indecentes” as indemnizacións por prexubilación dos exdirectivos da entidade, dixo que “non sei si xurídicamente é posible, pero por decencia deben devolvelas”, e reclamou coñecer as prexubilacións tamén dos directivos procedentes de Caixagalicia. Considerou un “escándalo” estas cifras logo de “anos de aventuras estéticamente brillantes pero con pés de barro”.

Patrimonio

Losada sinalou que o próximo Pleno incluirá unha iniciativa socialista para publicar o patrimonio dos altos cargos do goberno galego e demostrar o “compromiso irrenunciable coa transparencia”. Os grupos acordaron tamén continuar coa liña marcada polos socialistas galegos para facer públicos os patrimonios dos parlamentarios a través dun formulario voluntario “semellante ao aplicado tamén polos socialistas no Congreso”.

O próximo Pleno do Parlamento incluirá tamén diversas iniciativas socialistas sobre a aplicación do copago no transporte escolar, o ensino, ou a loita contra o lume, unha  moción sobre os retrasos no pago da Renda de Inserción Social de Galicia –Risga- e unha interpelación sobre o papel das universidades como elemento central para garantir a reactivación económica a través da investigación e o desenvolvemento.

Tamén será debatida unha moción sobre a discrecionalidade e falla de control amosada por parte do goberno do PP sobre o urbanismo que ten ao concello de Barreiros como “caso paradigmático” a través da premisa de que “canto menos Estado, mellor”.

Operación campión

En resposta a preguntas dos xornalistas, o portavoz salientou a súa “confianza plena na honradez do compañeiro José Blanco” logo das acusacións publicadas hoxe con relación á Operación Campión. Dixo que o actual ministro de Fomento e vicesecretario xeral do PSOE ten anunciado accións “penais e civís” logo desta “estratexia de lanzar sombras de dúbida” por parte dos implicados para “intentar salvarse”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar