Pachi Vázquez ofrécelle a Feijóo un acordo para crear 20.000 postos de traballo con 120 millóns no próximo ano

Pachi Vázquez ofrécelle a Feijóo un acordo para crear 20.000 postos de traballo con 120 millóns no próximo ano

Pachi Vázquez ofrécelle a Feijóo un acordo para crear 20.000 postos de traballo con 120 millóns no próximo ano

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, ofreceulle hoxe a Feijóo un acordo para crear 20.000 empregos con 120 millóns de euros dos orzamentos do próximo ano. Así o dixo na sesión de control ao presidente no Pleno do Parlamento, na que sinalou que “ostenta o récord de ser o presidente co maior número de parados e paradas da historia de Galicia”.

O líder dos socialistas galegos presentou hoxe unha “proposta concreta de pacto” para acadar un acordo no debate dos orzamentos que se celebrará na próxima semana e conseguir un acordo para impulsar o emprego xoven -“cando hai 60.000 mozos sen traballo nin expectativa”-, economía social –“para xerar políticas públicas”- e nos sectores produtivos estratéxicos.

Pachi Vázquez amosou a súa vontade de “traballar en cousas concretas e propostas” que permitan “apoiar e asumir a responsabilidade” da creación de emprego, e reclamoulle a Feijóo que “non siga escapando de xeito interminable dos problemas deste país”. Dixo que “o principal responsable de sacar adiante o país debera ser o presidente”, polo que reclamou que “deixe de mirar polo retrovisor ao pasado e conduza mirando para diante”.

Instou ao presidente da Xunta que “presente as súas propostas” para traballar contra o desemprego “dende o ánimo de acadar acordos e propostas” xa que, de seguir coas políticas actuais suporá entre 15.000 e 20.000 novos parados no próximo ano, o último do goberno de Feijóo, co que “teremos 350.000 homes e mulleres sen emprego nin alternativa”.

Pachi Vázquez lembrou o programa electoral de Feijóo, no que sinalaba que, en 2009, os 189.900 parados rexistrados no INEM eran “a peor desgraza para Galicia, un drama culpa do goberno socialista” na Xunta, e hoxe, hoxe 330.000 parados “xa non é un drama, senón que é culpa de Madrid”.

Récord

O líder socialista sinalou que Feijóo “ostenta o récord de ser o presidente da Xunta de Galicia co maior número de parados e paradas da nosa historia” enviando “376 persoas ao paro cada día”. Advertiu que os datos do paro de novembro sinalan que en Galicia creceu 3,5 veces mais que en España, cun aumento do 4,66 por cento fronte ao 1,3 de todo o Estado.

Explicou que, en termos globais, entre 2009 e 2011 o desemprego creceu en Galicia un 41 por cento, o dobre que o 22 por cento rexistrado en todo o Estado nesta etapa, e advertiu ao presidente da Xunta que de non atender aos datos reais “fallaremos no diagnóstico”. Ademais, lembrou que os EREs medraron en Galicia un 58 por cento entre xaneiro e setembro, fronte ao 6,8 de media estatal.

Pachi Vázquez tivo que facer entrega hoxe á presidenta da Cámara dos datos procedentes do INE relativos ao Índice de Produción Industrial, que ata outubro de 2011 en Galicia reduciuse un 7 por cento, dez veces mais da caída do 0,69 do conxunto do Estado. Tivo que entregar os datos oficiais para replicarlle ás cifras ofrecidas por Feijóo, sinalando que “vostede non mentiu: enganárono ou se equivoca”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar