Vázquez: “O PP pretende actuar como un `reyezuelo de Africa´ coa reforma da LOREG"

Vázquez: “O PP pretende actuar como un `reyezuelo de Africa´ coa reforma da LOREG"

Vázquez: “O PP pretende actuar como un `reyezuelo de Africa´ coa reforma da LOREG"

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez denunciou que o PP pretenda actuar como un “reyezuelos de África coa reforma da Loreg”. Criticou que os dirixentes do PP pretendan actuar como reyezuelos de África a través dunha reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg) porque non gañan as eleccións. Dixo que tratan de impulsar unha modificación lexislativa en lugar de democratizar a súa posición. E engadiu “non vale cambiar a lei só para que gobernen eles”, e envioulle unha mensaxe a Feijóo e a Rajoy “onde goberna unha alternativa ao PP é porque a maioría apoia esa decisión”, sentenciou.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións na localidade lucense de Monforte donde participou na presentación da candidatura do PSdeG-PSOE e que encabeza Jose Tome Roca. E definiuno como “o home que lle saca os colores á Conselleira de Traballo” e engadiu “nestes anos fíxeche mais ti que o alcalde de Monforte”.

Vazquez tamén aludiu as declaracions de Feijoo nas que asegurou que ía acabar coa crise en 45 días. Pero denunciou que dende a súa chegada ao Goberno da Xunta “o crecemento do paro multiplica por tres a media de España.”

PACADAR

Tome Roca dixo que ia a converter Monforte de Lemos na capital real da Ribeira Sacra, para dinamizar a zona e crear emprego para que a localidade “volva crecer”. E insistiu “hai que recuperar a ilusión e crer no futuro”, proclamou.

Dixo no seu discurso que traballará a reo para conseguir postos de traballo en Monforte, e como exemplo puxo a empresa PACADAR. Asegurou que defenderá unha aposta clara e decidida pola sanidade na Comarca e tamén traballara para aprobar o PXOM de Monforte. E resumiu “procurarei benestar e melloras nas parroquias”.

A filla Manuel e Maria

No acto tamén participou a deputada do PSdeG-PSOE e monfortina Concepción Burgo. Alí presentouse como a filla de Manuel e Maria “así é como coñecen nesta terra e síntome moi orgullosa desto”. E cualificou a Tome Roca como “o mellor candidato de tódolos que se presentan en Monforte, é o mais preocupado polos problemas desta Comarca”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar