Vázquez: “O PP non ten receitas para acabar co paro, e se as ten que llas expliquen a Feijóo”

Vázquez: “O PP non ten receitas para acabar co paro, e se as ten que llas expliquen a Feijóo”

Vázquez: “O PP non ten receitas para acabar co paro, e se as ten que llas expliquen a Feijóo”


O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou nun mitin en Xinzo de Limia que “hoxe Rubalcaba lle gañará o debate a Rajoy”, e que “nunca houbo un goberno en España para Galicia como o Goberno de Zapatero”.

“O Goberno socialista foi o que máis investiu en Galicia na súa historia, 15.000 millóns de euros, 8.000 no último ano”, dixo, e recordou que “o PP xa nos enganou en Galicia hai 2 anos e 8 meses, e agora pretende volver a facelo”.

Así lembrou que o PP protemera arreglar o paro en 45 días, “e agora o paro crece o dobre que en España”, e ademais os que van ao paro son os traballadores dos servizos sociais, e os que o pagan son os enfermos e as persoas que precisan destos servizos.

Pachi Vázquez explicou que o PP non ten receitas para acabar co paro, “e se as teñen que llas expliquen a Feijóo”, engadiu.

Dixo ademais que “o campeón da fusión” agora é “o campión do escapismo”, e que mentres os socialistas veñen a Galicia a traer inversións, Rajoy só vén a Galicia de paseo, aos touros a Pontevedra ou de vacacións.

“Feijóo non ten palabra”, aseverou, e ironizou cos compromisos do PP coa transparencia e a eficacia, preguntando “se vai tirar a Deputación de Ourense”.

A Secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso, Laura Seara, referiuse en primeiro lugar ao debate entre Rubalcaba e Rajoy, e dixo que Rubalcaba ten como vantaxe ser o ministro que acabou para sempre con ETA.

Seara dixo que Rajoy é “o home do traxe gris”, do “depende”, e que “cada voto a Mariano Manostijeras terá un candado que pechará aulas e quirófanos”, e que xa puxo en dúbida a prestación por desemprego.

A candidata advertiu que os votos ao PP o día 20 lle darán o seu consentimento ao co-pago na sanidade, e que os galegos somos agora os cobayas dos experimentos de Rajoy para implantalos

Un día como hoxe hai 147 anos nacía a científica Marie Curie, polo que Seara lembrou os avances das mulleres nos últimos 8 anos a prol da igualdade, e advertiu que “nos queren volver a meter na teoría do catecismo” e “devolvernos ao español doméstico e privado”, e que en Galicia o PP xa quitou hai tempo “as caretas de centristas”.

Por último amosou a súa satisfación porque esta é a primeira campaña electoral sen as ameazas das bombas e as pistolas, ao que engadiu que espero que “a ninguén lle parecera mal” que a fin de ETA viñera da man dun goberno socialista.

O Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, afirmou que “a campaña servirá para demostrar que o PP deu por morto ao PSOE antes de tempo; pero nós no estabamos mortos, senón que o PP estaba de parranda”.

Así, apuntou que o PP estaba “de parranda” mentres traballamos arreo para evitar que España fora como Grecia, Portugal ou agora Italia.

Criticou o silencio de Rajoy que “se limita a dicir vaguedades como vou traer a felicidade”, e cualificou de “trastorno bipolar profundo” o comportamento do PP, que nos últimos anos dedicouse a crispar a sociedade porque o que perden cos votos lévano aos xuíces, como coa lei de interrupción voluntaria de embarazo, ou dos matrimonios entre leis do mesmo sexo.

“Temos que marcar o territorio do socialismo”, dixo, e o noso territorio son as escolas, as pensións, a sanidade pública, e sobre todo “o territorio da paz”, aludindo á saída das tropas españolas de Irak e á fin do terrorismo.

Caamaño explicou que a axenda oculta do PP é “privatizar para darllo aos amiguiños da alma, como dirían en Valencia”, e advertiu que baixar os impostos hoxe é a fame de mañá, e que “o Partido Popular segue sendo a dereita máis dura, máis intolerante e autoritaria de Europa”.

A portavoz socialista no concello de Xinzo, Elvira Lama criticou que o PP da Limia prometa “traballos de merda” nunha planta de lixo propiedade dun empresario corrupto “convertendo a esta comarca na letrina de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar