Vázquez: “Mentres os socialistas traemos o Parador Nacional de Turismo, o PP trae a Operación Orquesta”

Vázquez: “Mentres os socialistas traemos o Parador Nacional de Turismo, o PP trae a Operación Orquesta”

Vázquez: “Mentres os socialistas traemos o Parador Nacional de Turismo, o PP trae a Operación Orquesta”

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, sinalou que “que mestres os gobernos socialistas trouxemos a Costa da Morte o Parador Nacional de Turismo de Muxía, industrias e autovías, o Partido Popular só trouxo a Operación Orquesta”.

Vázquez fixo estas declaracións en Muxía, onde participou nun xantar con militantes socialistas. Lembrou que “o Consejo de Ministros do onte, aprobou o proxecto do Parador Nacional de Turismo cunha inversión de 37 millóns de euros“. “Esta é a mellor noticia que podía recibir en Muxía, vai cambiar a historia do turismo neste concello e nesta comarca”, subliñou.

O líder dos socialistas galegos destacou que “ninguén apoiou e apoia a Muxía e á Costa da Morte como os gobernos socialistas. Fixémolo dende a Xunta, mentres gobernamos, e o facemos dende o goberno central”;.

Neste senso, destacou o Plan de Reindustrialización da Costa da Morte; o plans de abastecemento e saneamento, o Camiño Natural Muxía-Fisterra ou a Autovía da Costa da Morte. En fronte, Vázquez denunciou “temos ao goberno de Feijoo que o único que fai e paralizar e retrasar”.

Neste senso, denunciou que “a Xunta de Galicia retrasou a autovía da Costa da Morte”. “Unha autovía que leva xa dous anos de retraso debido a un turbio proceso de licitacións”. E adiantou que ”a semana que ven van concederlle a autovía á mesma empresa que a tiña adxudicada había dous anos, só que cun sobrecusto de máis de 160 millóns de euros”.

Pachi Vázquez subliñou que “esta é a política de austeridade que practica o PP, suprimir medicamentos; suprimir a gratuidade dos libros de texto e subindo o prezo da auga un 140%, a partir do 22 de maio”.

Hai futuro para Muxía con Félix Porto

Vázquez sinalou que “Félix Porto é un alcalde que sempre se preocupou polo benestar dos veciños, mellorou moito Muxía e ven de facer realidade o proxecto con máis futuro para este concello, o Parador Nacional”.

Neste senso, incidiu en que “a xente, quere traballo, quere oportunidades e non podemos permitir que a dereita recorte os dereitos sociais”, Por iso, o líder dos socialistas resaltou que “o 22 de maio xogamos algo máis importante que a elección dun alcalde, xogámonos a nosa calidade de vida para os próximos catro anos”. “Hai que escoller e Félix é a aposta segura”.

Audio Pachi Vázquez en Muxía

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar