Vázquez: “Mentres o goberno central cumpre todos os prazos para as grandes infraestructuras, a Xunta incúmpreos"

Vázquez: “Mentres o goberno central cumpre todos os prazos para as grandes infraestructuras, a Xunta incúmpreos"

Vázquez: “Mentres o goberno central cumpre todos os prazos para as grandes infraestructuras, a Xunta incúmpreos"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou que “mentres o goberno do Estado cumpre con todos os prazos para as grandes infraestruturas, o goberno galego incúmpreos todos como fixo coa autovía de Carballo-Berdoias”.

Vázquez fixo estas declaracións no acto de presentación do candidato do PSdeG á alcaldía de Carballo, Xosé Antonio Viña, no que lembrou que “nos deixamos licitada e contratada esta autovía e o goberno galego anulou a concesión para volver a empezar”.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos adiantou que “nos vindeiros días vaise de novo adxudicar a autoestrada e só hai duas empresas como posibles adxudicatarias”, que son a empresa á que lla adxudicara o anterior goberno e cuxo contrato foi rescindido polo actual do PP e a empresa que presentou un recurso contra a adxudicación que fixo o PP e que ao final acabo anulando.

Vázquez sinalou que “o Goberno de Feijoo non cumpre con Carballo e proba delo é que nos últimos anos a inversión por parte da Xunta foi de 0 euros”. En contraposición lembrou que “os gobernos socialistas, dende a Xunta e dende o Estado, apostamos por esta comarca, investimos en dous anos mais de sete millóns de euros en política medioambiental e 8,5 millóns de euros a través do Plan E”.

O Secretario Xeral dos socialistas apuntou que “esta é a gran diferenza entre a dereita e a esquerda; a primeira so pensa en facer negocio e nos pensamos nas persoas”. “Nin tan siquera a Feijoo, que é como presidente de tódolos galegos, lle preocupan os problemas de Galicia”, aseverou.

Deste xeito, sinalou que “a súa política económica levou a nosa comunidade a ter o peor comportamento de toda España en materia de emprego, con 248.000 mil parados”. “Está levando cabo a maior deterioro da sanidade pública, cun incremento das listas de espera, co peche de quirófanos polas tardes, reducindo os medicamentos aos que teñen dereito os galegos e agora falan do copago como vía de financiamento da sanidade”, denunciou Vázquez.

Pachi Vázquez subliñou tamén que o goberno do PP “acaba de aprobar una Lei de Augas pola cal os galegos pagaremos un 140% máis pola auga e tamén haberá que pagar pola auga das traídas veciñais e dos pozos”.

Vázquez concluíu dicindo que “este é o xeito de facer política que ten o PP, recortando dereitos aos galegos” o que lle serviu para concluír que “dende os concellos temos que traballar en tres obxectivos: o desenrolo económico, a defensa dos dereitos sociais e, concello a concello, ir creando un novo escenario para cambiar o goberno de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar