Vázquez, Gabilondo e Caamaño reivindican a educación pública como "viga principal" do modelo social do PSOE

Vázquez, Gabilondo e Caamaño reivindican a educación pública como "viga principal" do modelo social do PSOE

Vázquez, Gabilondo e Caamaño reivindican a educación pública como "viga principal" do modelo social do PSOE

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, reivindicou a importancia da educación pública, a innovación e a investigación como “as vigas principais do modelo social que defendemos os socialistas”.

O líder dos socialistas galegos fixo esta afirmación nun acto xunto ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo, e o ministro de Xustiza e candidato ao Congreso, Francisco Caamaño, previo a unha xuntanza que os tres mantiveron cos reitores das universidades galegas.

Vázquez destacou o compromiso do ministro e do Goberno socialista “que nun momento de crise mantivo o maior orzamento para a educación” co obxectivo “de seguir facendo da educación pública a columna do noso modelo social”.

Neste senso, lembrou que o PP “non ten a defensa da educación pública entre os seus obxectivos prioritarios” como evidencia o que está a pasar en Galicia “onde o PP di que non tocará a educación e hai 500 millóns menos de orzamento, mil docentes menos e 3.000 alumnos máis”.

Por elo, proclamou que “a educación pública segue sendo a viga principal do modelo social que defendemos os socialistas en Galicia e en España, e imos a loitar por ela, porque cremos que desta crise se sae investindo en educación, innovación e investigación”.

Na mesma idea afondou o ministro Ángel Gabilondo, quen manifestou que “la educación “tiene que estar en el corazón de la economía, ya que es determinante para afrontar este momento”.

“Los ajustes han de hacerse con dimensión social y establecer prioridades. La educacion y la investigación son una prioridad y si hay que hacer recortes no deben ser en esta materia”, sinalou.

Destacou así mesmo a socialización e equidade da educación como a “gran conquista de los socialistas” e o esforzo realizado para igualar as oportunidades de acceso ao ensino a través do sistema de becas.

Gabilondo considerou o compromiso coa educación “clave” para o futuro e para a transformación do país, e avogou por traballar con “responsabilidad, rigor e inversión”, porque “en esto no hay atajos”.

Pola súa parte, o ministro de Xustiza e candidato do PSdeG ao Congreso, Francisco Caamaño, fixo un chamamento aos empresarios galegos “para que se acheguen ás nosas universidades e vexan as instalacións do Campus de Excelencia, e todo o traballo de investigación e innovación que se está a desenvolver”.

Considerou moi positivo que exista unha relación estreita entre o tecido empresarial galego e o lugar onde está o coñecemento, que é a universidade.

“O coñecemento é o ben mais democrático e valioso que temos e é o noso futuro”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar