Vázquez: “Fronte a un PP que nos ten esquencidos, os socialistas apostamos forte por esta comarca con investimentos”

Vázquez: “Fronte a un PP que nos ten esquencidos, os socialistas apostamos forte por esta comarca con investimentos”

Vázquez: “Fronte a un PP que nos ten esquencidos, os socialistas apostamos forte por esta comarca con investimentos”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, respaldou aos candidatos e candidatas socialistas da comarca do Carballiño, e destacou que “fronte a un PP que nos ten esquencidos, os socialistas apostamos forte por esta comarca cos maiores investimentos”.

O dirixente socialista destacou así os “históricos investimentos” conseguidos para a comarca carballiñesa co anterior goberno socialista da Xunta, entre os que salientou a autovía libre de peaxe entre Ourense e Lalín, e as conexións de Piñor, Seoane e Maside.

“Esta autovía e a chegada do AVE a Ourense, nos colocan nun centro neurálxico esencial para dinamizar a nosa economía, o noso turismo, o noso termalismo, e para potenciar todos os recursos que temos”, proclamou.

Salientou ademais os investimentos realizados tanto polo anterior goberno socialista da Xunta como polo Goberno central en materia de infraestructuras viarias, en saneamento, en conservación de espazos naturais, en equipamentos para servicios públicos, en instalacións deportivas, en centros sociais e multiusos, en renovación de prazas e espacios públicos, “grazas aos que os concellos contan hoxe cunhas infraestructuras extraordinarias”.

Por elo, apuntou que hai “dúas etapas ben diferenciadas nesta lexislatura municipal: os dous anos nos que gobernaba Touriño e os dous últimos anos, dende que Feijóo chegou ao goberno da Xunta”. “Mentres os primeiros foron moi fructíferos para O Carballiño e todos os concellos da comarca, os últimos foron catastróficos”, resumiu.

Vázquez lembrou que Feijóo “non só esqueceu á comarca do Carballiño, senón que incumpriu os eu contrato con Galicia, e levou a todos os cidadáns a perder algún dereito ou prestación nos dous últimos anos”.

Criticou así os recortes en servizos públicos, o deterioro da sanidade, a paralización por exemplo do Plan director do Hospital de Ourense, o incremento do desemprego, e a privatización, xa que lembrou que Feijóo pretende introducir o copago no financiamento dos servizos públicos.

Por elo, destacou a importancia das eleccións municipais na comarca do Carballiño “nas que está en xogo poder continuar progresando ou retroceder 16 anos, cando o río Arenteiro estaba oculto polas silvas, cando as prazas eran aparcadoiros de coches e cando a maioría das rúas nin tiñas beirarrúas, nin iluminación adecuada”.

Fronte a isto, destacou que o PSdeG ten un programa electoral baseado no emprego, os servizos públicos esenciais e a participación cidadana na xestión municipal” mentres o PP representa “a antítese disto, porque onde gobernan ninguén se preocupa polo emprego máis que para enchufar aos seus parentes como sucede coa Deputación de Ourense”.

Vázquez destacou aos candidatos e candidatas da comarca, “moitos deles xa consolidados e cun traballo que avala a súa xestión, e outros puxantes e coas mellores ideas para solucionar os problemas dos seus concellos”.

“Queda moito traballo por diante. Quédanos pouco máis dun mes de intenso traballo coas veciñas e veciños dos concellos da comarca. Temos aos mellores candidatos e candidatas e as mellores candidaturas, e isto é o mellor aval para saír airosos da cita coas urnas o 22 de maio”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar