Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que máis fixeron por dotar a Vilagarcía de infraestruturas e equipamentos”

Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que máis fixeron por dotar a Vilagarcía de infraestruturas e equipamentos”

Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que máis fixeron por dotar a Vilagarcía de infraestruturas e equipamentos”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, sinalou que “foron os gobernos socialistas os que fixeron todo o posible para que Vilagarcía tivese as infraestruturas e os equipamentos que lle corresponde á sétima cidade máis importante de Galicia”.

Vázquez fixo estas declaracións no acto de presentación do candidato do PSdeG á alcaldía de Vilagarcía, Modesto Pose, onde lembrou que “Vilagarcía avanzou máis cos gobernos socialistas, que cos demais gobernos. Este é un dato obxectivo”, aseverou.

Neste senso, lembrou que “durante o mandato de Emilio Pérez Touriño ao fronte da Xunta de Galicia os conselleiros socialistas volcámonos totalmente con esta cidade”.

Deste xeito, Vázquez sinalou que “melloramos o abastecemento e o saneamento; melloramos as condicións para evitar as inundacións; melloramos a sanidade, a educación e as comunicacións”. Sen embargo, lamentou Vázquez, “faltounos tempo para culminalo todo, e o resultado está a ser catastrófico para Vilagarcía e para Galicia”.

Neste senso, lembrou que “a autovía Vilagarcía-Pontevedra, que nós deixamos licitada, dous anos despois sigue totalmente parada pese a tratarse dunha comunicación esencial para o desenvolvemento de Vilagarcía”. Lamentablemente, dixo, “non é unha obra prioritaria para a Xunta”.

Ademais, o líder dos socialistas destacou que “o Hospital do Salné, é o hospital público de Galicia no que máis se incrementou o tempo de espera para unha consulta cun especialista, pasando de 46 a 73 días”. “Este hospital agarda ademais por unha ampliación que non chega nin vai chegar”, aseverou.

Vázquez destacou que “a día de hoxe Vilagarcía non ten centro de día, cando Feijoo asegurou que se ía crear un centro en cada un dos concellos de máis de 1.500 habitantes”. “Pero nin de 1.500, nin de 5.000, nin de 20.000, nin de 40.000, non se creou ningún centro de día novo, e os que o anterior goberno deixou construídos están inda pechados”, denunciou Vázquez.

Vázquez sinalou que “todo isto sucede cando o PP di que Feijoo é quen se presenta a alcalde nos 315 concellos de Galicia”. “Pois si se presenta en Vilagarcía, digo eu, ben podería facer algo por ela”, sentenciou.

O líder dos socialistas subliñou que “Feijoo non é un bo candidato como o é Modesto Pose, o próximo alcalde de Vilagarcía”.

Neste senso, lembrou que “Pose leva toda unha vida dedicada á política a defender as ideas socialistas, e agora vaille tocar defender os intereses de todos os veciños e veciñas de Vilagarcía, que é unha gran cidade e precisa un novo pulo para seguir avanzando”.

Vázquez concluíu que “non cabe dúbida dos cambios tan importantes que tivo a cidade con Gago e con Dolores García. Agora Modesto ten que tomar este relevo para continuar co labor feito ata agora”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar