Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que fixeron un investimento histórico en Ordes de máis de 20 millóns de euros”

Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que fixeron un investimento histórico en Ordes de máis de 20 millóns de euros”

Vázquez: “Foron os gobernos socialistas os que fixeron un investimento histórico en Ordes de máis de 20 millóns de euros”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que “foron os gobernos socialistas, o goberno anterior da Xunta eo goberno Central os que apostaron pola economía de Ordes, levando a cabo un investimento histórico para este concello de mais de 20 millóns de euros”.

Así o asegurou no acto de presentación da candidatura de Ordes, na que lembrou que “grazas a Jesus Pedreira, que fixo xa de alcalde nesta lexislatura porque pola súa insistencia e tesón Ordes obtivo nestes catro anos un investimento histórico”.

Neste senso, lembrou que grazas a estes investimentos se levou a cabo o paseo fluvial e limpeza do Río Mercurín; obras de abastecemento e saneamento; o proxecto do novo polígono industrial de Pardiñas ou o primeiro parque biosaudable de Galicia”.

Lembrou que o anterior Executivo tamén levou a cabo a Ronda Leste, para desviar o tráfico pesado da vila, e agora o goberno de Feijoo ten paralizada a segunda fase desta Ronda.

Pachi Vázquez fixo referencia aos preto de 3,5 millóns de euros do Plan E que deron lugar a contratación de 155 persoas e subliñou que “esta é a gran diferenza dos gobernos socialistas, que intentan mellorar a calidade de vida dos veciños, sexan da cor que sexan os seus gobernos; cos gobernos do PP, que só buscan réditos políticos”.

Na mesma liña, acusou ao Goberno da Xunta de non ocuparse do sector leiteiro, estratéxico en Galicia e en Ordes, deixando que se pechasen 1700 explotacións en dous anos. “Unha vez mais fomos os socialistas quen conseguimos que se publicase o decreto dos contratos homologados do sector leiteiro, mentres Feijoo e Rueda levaban a cabo unha persecución política contra o sindicato UU.AA., que é quen máis leva traballando a favor deste sector”, denunciou.

O líder dos socialistas subliñou que “ Feijoo nin cumpriu con Ordes nin cumpriu con Galicia e o seu famoso Contrato con Galicia se incumpre de principio a fin”. “Un goberno que non fixo nada e a súa xestión so nos deixa recortes nos servizos públicos, dereitos sociais mermados e a maior taxa de paro de historia de Galicia”, aseverou.

Asegurou que as opcións de cara ás vindeiras eleccións municipais son moi claras “ou o PP, que cando non goberna o único que fai é obstruír, e cando goberna non fai máis que paralizar; ou pola esquerda, que defende os dereitos sociais e os servizos públicos” .

“Non hai mellor opción que a que lidera Jesus Pedreiro, porque só el e o PSdeG, poden pórlle fin a este desgoberno do PP”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar