Vázquez: "Feijóo, cando non ten a lista máis votada, adícase a comprar tránsfugas"

Vázquez: "Feijóo, cando non ten a lista máis votada, adícase a comprar tránsfugas"

Vázquez: "Feijóo, cando non ten a lista máis votada, adícase a comprar tránsfugas"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, denunciou que Feijoo adícase a “comprar tránsfugas” cando o seu partido non é a lista máis votada. Afirmou que Feijoo está en campaña recorrendo Galicia pero sen falar de Galicia, sen falar de política municipal e sen deixar falar aos candidatos do PP. Engadiu que a Galicia única que promulga o presidente da Xunta non existe e puntualizou que o que existe é “unha Galicia tremendamente plural, rica e diversa”.

Pachi Vázquez fixo estas declaracións en Lugo, onde participou nun almorzo informativo con xornalistas acompañado do alcalde e candidato do PsdeG, Xosé López Orozco, e do secretario provincial de Lugo Ricardo Varela.

Vázquez argumentou que é a Lei orgánica de réxime electoral xeral (LOREG) é a que determina a elección de alcalde, “e non o presidente Feijoo”, a quen acusou de “compra tránsfugas para conseguir os gobernos” cando o seu partido non ten a lista máis votada. “È algo -engadiu- que aínda hoxe non quixo explicar cando é o presidente do transfuguismo en Galicia”.

O lider socialista dixo que Feijoo trata aos concellos de Galicia “como menores de idade”. Neste punto denunciou tamén o recorte nos dereitos sociais impulsado pola Xunta. Contrapuxo estes recortes coas políticas que levan a cabo os alcaldes socialistas, conseguindo que “os concellos sexa o único colchón en dereitos sociais que teñen os cidadáns, xa que os rexedores son os que resolven os seus problemas”.

Promesa do AVE Lugo-Ourense
Ademais, cualificou a López Orozco como “un dos alcaldes máis valorados de e mais emblematicos de Galicia” e preguntoulle a Feijoo pola promesa que realizou na campaña previa ás eleccións autonómicas, na que asegurou que o Goberno galego encargaríase da liña Lugo-Ourense de alta velocidade ferroviaria.

Vazquez acusou o PP de rebaixar nun 50 por cento as axudas para autoemprego e autónomos da comunidade. Afirmou, tamén, que non teñen recibido “nin un euro de axuda da Xunta”, xa que só hai consignados 22 millóns procedentes do Goberno central para autoemprego e autónomos. Pachi Vázquez chamou a atención sobre o sectarismo da Xunta de Galicia, que “reparten as axudas aos Concellos para a contratación de parados con criterios partidarios”, chegando ao extremo de “crear escolas taller en municipios con cero desempregados e negarllas ás cidades, nas que hai miles”.

Pola súa banda, Lopez Orozco lembrou que Lugo é a cidade de España con máis investimento por persoa en servizos sociais e asegurou que os municipios “están para solucionar os problemas dos cidadáns e non para crealos”, por iso apostou pola “colaboración institucional”.

Denuncia no Courel

O secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela acusou ao Partido Popular de facer “carrexo preventivo de voto por correo en Lugo” ao asegurar que membros do PP levan a votar por correo a persoas con dificultades.

Varela dixo que denunciará ante a Xunta Electoral á actual alcaldesa de O Courel, Lola Castro, por “manipular e carrexar presuntamente” o voto por correo neste municipio. E explicou que a irmá da candidata está permanentemente en Correos para controlar o que fan os electores.

Sobre este asunto, Pachi Vázquez dixo que a alcaldesa de O Caurel rouboulle “a alcaldía ao veciños e ao PSdeG, co apoio de Feijóo e por medio dunha moción de censura”. E pese a todo elo, dixo, agora preséntase de novo polo PP, o que sinala a Feijoo como cómplice. Foi por elo, polo que Pachi Vázquez lamentou que Feijoo e o PP “falen de maiorías coa boca chea, pero lo non respectaron unha maioría absoluta coa que contaba o PSOE en O Courel e que foi roubada polo presidente da Xunta”, insistiu.

A este respecto, Ricardo Varela reclamou ao PP que permita que accedan ao Executivo as listas que contan con maioría absoluta. “Con iso conformariámonos”, aseverou.

A maiores vaticinou que vai haber unha “desmesura de voto por correo” o día das eleccións nalgúns municipios da provincia lucense. E puxo como exemplo os municipios de Navia de Suarna, Friol e O Courel, e afirmou que “hai unha instrución do Partido Popular de resolver o problema da xente que levan a votar antes das eleccións, e isto pode deformar o resultado democrático e a vontade dos cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar