Vázquez fai un chamamento ao voto dos progresistas e afirma que os socialistas defenderán os dereitos cidadáns nos concellos

Vázquez fai un chamamento ao voto dos progresistas e afirma que os socialistas defenderán os dereitos cidadáns nos concellos

Vázquez fai un chamamento ao voto dos progresistas e afirma que os socialistas defenderán os dereitos cidadáns nos concellos

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, fixo un chamamento ao voto dos progresistas de Galicia, porque “este domingo non hai nada máis importante que ir a votar”. Así o afirmou no acto de peche de campaña en Lugo, xunto ao alcalde e candidato á reelección, Xosé López Orozco, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario provincial Ricardo Varela, e o vicesecretario do PSOE e ministro de Fomento, José Blanco.

Vázquez agradeceu a todos os cidadáns “a súa implicación e participación nesta campaña” e especialmente “o apoio aos alcaldes, candidatos e candidatas nos 315 concellos”. Amosou a súa convicción de que o PSdeG terá un gran resultado o domingo, “pero fai falla que todos os progresistas de Galicia vaiades a votar, non hai nada máis importante”.

Expresou o compromiso dos alcaldes e alcaldesas, candidatos e candidatas socialistas “para defender en todos os concellos os dereitos cidadáns, e que os servizos sociais sigan sendo públicos, universais e gratuítos”. “Non deixaremos que desmantelen a nosa sanidade pública e nos reduzan os medicamentos”, advertiu.

Destacou a xestión de Xosé López Orozco “que converteu a Lugo nun referente en política municipal, en educación e en políticas sociais” e dixo que este concello exemplifica o modelo socialista. Salientou tamén a labor de Gómez Besteiro na Deputación de Lugo, e lembrou que tanto a Deputación como o Concello crean emprego con plans específicos, mentres a Xunta resta recursos.

“Este é o noso modelo para os concellos: plans específicos de emprego, sobre todo para os mozos e mozas, xunto ás políticas sociais e ás políticas centradas nas persoas, en resolver os problemas cidadáns e creando cidades para vivir con calidade”.

Fronte a isto, criticou que “ao remate da campaña, seguimos sen saber cales son as propostas do PP para os concellos” porque o seu único modelo “é o do concello do Courel, ou o da Deputación de Ourense; é dicir, o transfuguismo e o caciquismo”.

Lembrou que cando lle preguntaron a Rajoy que lle parecía que Baltar repartise cartos nun mitin, dixo que era “unha anécdota, e que iso non ía no seu programa electoral. Só faltaba que tamén o incluísen no programa electoral”, ironizou.

Cuestionou tamén que Feijóo, cando lle preguntan polo que está a suceder na Deputación de Ourense di que é autonomía local, e dixo que “nin Rajoy nin Feijóo rexeitan o caciquismo e o transfuguismo mentres lle fagan gañar algúns votos”.

Salientou que “os alcaldes e alcaldesas socialistas foron os principais impulsores do desenvolvemento dos concellos ante a asfixia que sufriron por parte da Xunta”, así como os gobernos socialistas da Xunta e do Goberno central, especialmente cun ministro como José Blanco “que ten o corazón e a cabeza en Lugo e en Galicia”.

Orgullo socialista

Pachi Vázquez salientou que os socialistas “estamos orgullosos dos nosos candidatos e candidatas, que son os verdadeiros protagonistas” e lembrou que “nestas eleccións a cara e a voz do PSdeG foron os alcaldes e alcaldesas, os candidatos e candidatas, os presidentes das deputacións socialistas, porque son os que representarán aos veciños nas súas respectivas institucións a partir do vindeiro domingo”.

O líder socialista tivo por elo un especial agradecemento para os candidatos e candidatas, polo seu traballo e dedicación nesta campaña, así como para os militantes e simpatizantes, polo seu esforzo e apoio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar