Vázquez expresa a súa confianza e apoio a José Blanco tras as difamacións dun empresario lucense

Vázquez expresa a súa confianza e apoio a José Blanco tras as difamacións dun empresario lucense

Vázquez expresa a súa confianza e apoio a José Blanco tras as difamacións dun empresario lucense

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe o seu apoio e o de todos os socialistas galegos ao ministro de Fomento, José Blanco, tras as difamacións dun empresario lucense no marco da instrucción da Operación Campeón.

Pachi Vázquez manifestou a “plena confianza” dos socialistas galegos na honradez de José Blanco, avalada pola súa xestión e ampla traxectoria política, ante este “claro caso de calumnias por parte dun empresario acurralado pola xustiza”.

Expresou ademais a súa “total confianza” en que todo quedará perfectamente aclarado tanto pola propia instrucción xudicial como polas accións civís e penais que emprenderá o ministro, e trasladou o “máximo apoio de todo o socialismo galego ao compañeiro José Blanco”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar