Pachi Vázquez esixe a Feijóo que esgote a lexislatura para reformar o Estatuto en vez de pensar en "saír correndo"

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que esgote a lexislatura para reformar o Estatuto en vez de pensar en "saír correndo"

Pachi Vázquez esixe a Feijóo que esgote a lexislatura para reformar o Estatuto en vez de pensar en "saír correndo"

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE emprazou hoxe ao presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo a que esgote a lexislatura para reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia en vez de pensar en adiantar as eleccións para saír correndo e escapar “dos problemas” de Galicia e os galegos.

Vázquez dixo hoxe en roda de prensa, tras reunirse con grupo parlamentario, que Feijoo no pode seguir enganando aos galegos e por iso reclamou “un gran acordo” no último tramo da lexislatura “para falar de política con maiúsculas” e afrontar unha reforma do Estatuto que solucione os problemas de Galicia e que non pode esperar máis”. Pediu consenso a tódalas forzas políticas para reactivar “a política económica e o emprego” e para “blindar de verdade a educación, a sanidade e a dependencia dos galegos”.

Neste sentido reiterou que “as receitas do PP resultaron ineficaces” en Galicia e lembrou “como digna de enmarcar” unha frase de Xesús Vázquez, conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, na que viña a dicir que quen non podía pagar, non podía comer nos comedores escolares despois de facerse público que Educación deixaría de darlle de comer aos fillos dos pais que non estiveran ao día no pago das cuotas dos comedores. “Cada vez que fala un responsable da Xunta, produce máis preocupacións nos cidadáns”.

O líder socialista explicou o itinerario que vai seguir o PSdeG no inicio do curso parlamentario e anuncio que nesta nova fase hai que darlle solucións aos grandes problemas dos galegos, “que se incrementaron notablemente dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta”.

Vázquez afirmou que a nova xeira do Grupo Parlamentario está encamiñada en presentar propostas e iniciativas que teñen como finalidade mellorar a situación económica, o emprego, blindar a sanidade, a educación e a dependencia de Galicia e dos galegos. A estes obxectivos sumoulle o de “afondar nunha reforma da administración que é moi custosa e non funciona”.

Pachi Vázquez cree chegado o momento no que Feijoo ten que demostrar “si lle poden mais as presións de Génova, onde lle impoñen non reformar o Estatuto” ou ben “a paixón por Galicia”. “Ou se cree en Galicia ou no”, remachou Pachi Vázquez, para quen o PP “ten que acabar a lexislatura e non pode saír correndo porque hai que acabala co compromiso de reformar o Estatuto”, un proceso ao que daría tempo nos 18 meses que restan ata marzo de 2013. “Aínda estamos a tempo de reformar un estatuto que nos iguale en dereitos co resto de cidadáns de España”, engadiu.

En todo caso, lembrou que Feijoo xa vetou a reforma do Estatuto de Galicia cando era vicepresidente do último goberno de Fraga; volveuno a facer cando estivo na oposición e sigue a facelo agora, cando é presidente. “Galicia é a única das tres comunidades históricas que sigue cun estatuto de primeira xeración”, precisou, ao tempo que son xa 7 as comunidades autónomas que xa reformaron os seus estatutos mentres que Feijoo sigue instalado no veto. “Aqueles que creen que esta Reforma non é necesaria están insultando aos galegos”, sentenciou. E lanzoulle unha pregunta a Feijoo: “¿cando é o momento?”

As receitas do PP son ineficaces

Sobre a situación económica sinalou que “lidera o crecemento do desemprego, duplicando o de España; é a segunda Comunidade de España con maior caída da afiliación á seguridade social; o Índice de Producción Industrial caeu 5 puntos mentres en España sube, e ademais lideramos os ERE de toda España con mais de 14.000 traballadores afectados”.
Ante este desolador panorama, subliñou que as receitas do PP demóstranse ineficaces para sacar adiante a Galicia, xa que conta cun Goberno que “non fala dos problemas e réndese á hora de expoñer as solucións”. En todo caso, reiterou a disposición do PSdeG de “traballar para buscar acordos nos momentos mais complicados que viven Galicia e os galegos”, resumiu.

Pachi Vázquez rematou sendo moi crítico cos recortes de Feijoo en sanidade e en educación e detívose nestes últimos para anunciar o recorte de 1.000 docentes para o próximo ano, “500 como en primaria e 500 en secundaria”, e tamén a introdución do copago no transporte escolar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar