Vázquez esixe a Feijóo que “reduza os 140 asesores que ten no seu Goberno se quere dar exemplo de austeridade”

Vázquez esixe a Feijóo que “reduza os 140 asesores que ten no seu Goberno se quere dar exemplo de austeridade”

Vázquez esixe a Feijóo que “reduza os 140 asesores que ten no seu Goberno se quere dar exemplo de austeridade”


O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, avogou pola defensa dos dereitos sociais fronte ao xogo sucio e a falsa austeridade do PP. Fixo este chamamento en Vigo, onde realizou un paseo polo mercado do Calvario xunto ao alcalde e candidato neste concello, Abel Caballero, ao que definiu como “o home que sempre defende a Vigo”.

Vázquez apuntou que os socialistas galegos “imos dedicar esta campaña a estar cos cidadáns e a defender os seus dereitos sociais. A defender a educación pública, gratuíta e de calidade; cubrindo os ocos que deixa a Xunta, como está a facer en Vigo Abel Caballero”.

“Defenderemos tamén a sanidade pública, universal e gratuíta, sen recortes de medicamentos e con mellores prestacións sanitarias; sen privatizacións, como está a facer o PP no caso do Hospital de Vigo”.

Sinalou que nestas eleccións municipais “o PSdeG está co home que sempre defende a Vigo, Abel Caballero, que nestes catro anos non dubidou en ser o primeiro en saír a rúa sempre que alguén atacou os dereitos dos homes e mulleres de Vigo”.

Por elo, pediulle aos cidadáns “que axudedes a Abel Caballero a poñer a barricada fronte aos que queren atacar os dereitos dos homes e mulleres de Vigo”.

Asesores

Vázquez esixiu a Feijóo e ao PP “que deixen o xogo sucio, e que se dediquen a falar do que lle interesa aos cidadáns, de política, educación, sanidade e reactivación do emprego”.

Reclamoulle ademais a Feijóo “que deixe de predicar unha cousa e facer a contraria” porque “di que hai que recortar asesores nos concellos, está ben, pero que empece dando exemplo e recortando á metade os 140 asesores que ten na Xunta”, dos cales 55 están exclusivamente ao seu servizo e que todos eles lle custan a tódolos galegos 7 millóns de de euros. Nesta cifra de 140 asesores non están incluídos todos os que figuran adscritos á administración paralela, onde tamén se contan por ducias.

“O home da austeridade´ -dixo en alusión a Feijóo- ten 140 persoas como asesores do seu Goberno, para non facer nada máis que atacar os dereitos de Galicia”, sinalou, e pediulle “que faga austeridade de verdade e reduza aos asesores da Xunta, dando así exemplo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar