Vázquez esixe a Feijóo que dedique a comedores escolares os cartos cos que financia a colexios do Opus que segregan por sexo

Vázquez esixe a Feijóo que dedique a comedores escolares os cartos cos que financia a colexios do Opus que segregan por sexo

Vázquez esixe a Feijóo que dedique a comedores escolares os cartos cos que financia a colexios do Opus que segregan por sexo

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de anunciar a inmediata presentación, por parte do Grupo Socialista de varias iniciativas orientadas, en primeiro termo, a evitar que se recorra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que invalida as axudas aos colexios que segregan por sexo, “para que non faga o ridículo como co do plurilingüismo”.

Outra iniciativa irá dirixida ao que o propio dirixente socialista defendera en campaña electoral, o destino dos máis de tres millóns de euros dos concertos con estes colexios que manteñen un ensino separado de nenos e nenas ao comedores escolares, mediante unha modificación de crédito nos orzamentos.

Vázquez tamén anunciou que os socialistas esixirán na Cámara galega que se paralice o cobro nos comedores, co que o Goberno de Núñez Feijóo introduce un elemento de desigualdade que vai supoñer, segundo o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, unha obtención de recursos moi limitada que “se pode detraer doutros lados, como parte do destinado aos colexios que segregan e outra da publicidade e propaganda”. Para Pachi Vázquez resulta “vergoñento” que se gasten grandes cantidades en publicidade mentres se lle pide ás familias cartos para darlle de comer aos seus fillos nos comedores.

O máximo dirixente dos socialistas galegos advertiu a Feijóo que é o momento de tomarse en serio a Educación e de que o presidente da Xunta saiba o que é e o que soporta unha familia de clase media neste país. Para Vázquez os populares “están a facer un país que se está a facer imposible de vivir”.

O dirixente socialista considera que o Goberno de Feijóo está a exercer “un ataque directo ás clases medias”, exercendo unha política que está a provocar o seu empobrecemento e se lle está a cobrar por aquelas cousas das que non pode prescindir ningunha familia: “comezaron cos libros de texto, agora imos a comedores escolares, proximamente se falará de transporte escolar, medicamentos, ambulancias, IVE, auga, luz e lixo” criticou Pachi Vázquez.

Vázquez salienta “unha especial crueldade” do Goberno Feijóo coa Educación. Detrás das palabras “tan rimbombantes” das comparecencias do presidente galego agóchanse outros datos que, en rolda de prensa, ofreceu hoxe o Secretario Xeral do PSdeG.

Contrastando os datos de 2008 cos de 2013, salienta o dirixente socialista que o investimento para combater o abandono escolar, caeu un 80%, de 300000€ a 60000€; para aprendizaxe de idiomas a caída foi do 68%; para FP en empresas, a caída foi do 73%. No relativo a becas, a caída e do 25%. Ademais, destínase un 44% menos para gratuidade dos libros de texto.

Unha Educación singularmente castigada polo PP que agora inflixe o seu castigo sobre os nenos. O Goberno galego vai aplicar un pago a comedores escolares “improvisado e sen rigor”, a xuízo de Pachi Vázquez, que argumenta que a lei dos Orzamentos, recentemente aprobada, non contempla taxa ou prezo público sobre estes comedores que avale a previsión desta medida. De non ser así, advirte o líder dos socialistas galegos, a situación é peor, “ou é improvisación ou é engano”.

Trátase dunha medida que afecta de xeito especial aos nenos do rural, que, na súa totalidade, son usuarios do transporte e do comedor escolar. A medida suporá un atraso de 40 anos, “retrotraernos aos anos 70”. Suporá, denuncia, a volta á educación franquista que recorda ter vivido o propio Vázquez, e onde “todos sabíamos distinguir aos ricos dos pobres”.

A imposición do copago nos comedores escolares é, para o socialista, unha cuestión de “alto voltaxe social” onde os nenos comezarán a percibir desde moi pronto unha sociedade dual, entre os da fiambreira ou o bocadillo e os do comedor. Vázquez reiterou o compromiso dos socialistas galegos para “opoñernos a esta medida, explorando todas as vías legais para que non podan aplicalo”, e sobre todo, que non o podan facer “de tapadillo”, sen reflectilo nos Orzamentos e sen consultar aos afectados, en especial ás ANPAS, ás que o dirixente socialista pediu colaboración.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar