Vázquez esixe a Feijóo a revisión de todas as axudas concedidas polo Igape

Vázquez esixe a Feijóo a revisión de todas as axudas concedidas polo Igape

Vázquez esixe a Feijóo a revisión de todas as axudas concedidas polo Igape

O secretario Xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, esixiu a Feijóo que, ante a detención do director xeral do Igape por presuntas irregularidades no reparto de axudas a empresas, “revise todas as axudas concedidas e que, como presidente da Xunta, tome decisións para transmitir confianza ante o maior escándalo desta lexislatura”.

Na sesión de control do Parlamento, Vázquez pediulle a Feijóo un acordo entre todas as formacións políticas para acadar unha postura horizontal para solucionar os principais problemas do país, que centrou no desemprego, o déficit de prestacións sociais, as dificultades no sistema financeiro e no acceso ao crédito e liquidez.

Aos problemas de Galicia, Vázquez engadiu a preocupación da sociedade e do tecido empresarial “ao espertar hoxe vendo que o Igape, que é o principal motor de dinamización económica, ten á súa cúpula directiva detida”. “Con todo o respecto á presunción de inocencia, creo que isto afonda máis nos problemas xa existentes porque a confianza empresarial pode resentirse”.

Por elo, considerou que “o presidente da Xunta debe dar confianza a Galicia, e revisar todas as axudas concedidas, a fin de garantir que este organismo non quede paralizado nun momento no que é máis necesario que nunca o apoio aos sectores estratéxicos”.

Despois de que Feijóo, na súa intervención, non respondese á pregunta e só falase do Goberno central, Vázquez recordoulle que “é vostede o presidente de Galicia e non de España” e tamén que a nosa comunidade ten unha taxa de crecemento do desemprego que duplica á do Estado “aínda que a vostede lle da igual”, espetoulle.

“Os socialistas estamos a pedirlle acordos para os catro grandes problemas de Galicia, despois de que vostede enterrase o sistema financeiro, as políticas sociais e non se ocupe do desemprego, porque prefire falar de España, en lugar de buscar acordos coas forzas políticas de Galicia”.

Respecto ao Igape, Vázquez lembroulle a Feijóo que “non vale esconderse dentro da concha, porque é o responsable da consellería e do organismo cuxos dirixentes están detidos”. Por elo, esixiulle a Feijóo que cumpra coas súas obrigas e que transmita a Galicia “unha decisión contundente que garanta que se revisará o que se fixo no Igape e que non se vai paralizar este organismo, e poñer a alguén ao fronte para que se responsabilice dos trámites, que aporte confianza e que garanta a fluidez de crédito a empresas”.

“Estamos ante o maior escándalo da súa lexislatura e non debemos convertelo nunha batalla, senón pensar en axudar a economía”, sinalou Vázquez, á vez que lle lembrou a Feijóo que “non pode agochar a cabeza, cando os máximos responsables da economía están detidos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar