Vázquez destaca os investimentos realizados polo PSdeG en infraestruturas viarias e hidráulicas como o maior aval para acadar a alcaldía de Cangas

Vázquez destaca os investimentos realizados polo PSdeG en infraestruturas viarias e hidráulicas como o maior aval para acadar a alcaldía de Cangas

Vázquez destaca os investimentos realizados polo PSdeG en infraestruturas viarias e hidráulicas como o maior aval para acadar a alcaldía de Cangas

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou os investimentos conseguidos polos socialistas en Cangas e o seu “intenso traballo a favor dos veciños e veciñas deste concello”, como o maior aval para dar un volco electoral e acadar a alcaldía.

No acto de presentación da candidatura socialista de Cangas, encabezada por Héctor Otero, Vázquez salientou que “mentres Héctor pasou catro anos intentando conseguir proxectos para Cangas, o candidato do PP pasounos freándoos dende a Deputación e dende a Xunta”.

Así, destacou os investimentos realizados polo anterior Goberno socialista para o saneamento das rías. “Cando chegamos á Xunta, non había sistemas de desinfección nas depuradoras. Hoxe téñenas todas porque nós os puxemos, pero a Xunta non fixo nada nestes dous últimos anos, e por iso a Unión Europea anuncia unha multa multimillonaria pola contaminación da ría”.

Criticou tamén a “nefasta” política pesqueira e marisqueira do Goberno de Feijóo, evidenciada coa supresión do seguro colectivo do mar “que afecta a máis de 4.000 mariñeiros e mariscadores desta ría e a 30.000 de toda Galicia”, ou a eliminación da pensión ás mariscadoras.

Peaxe de Rande

O líder socialista referiuse ás melloras acadadas en infraestruturas viarias para esta comarca, e lembrou que están a piques de cumprirse cinco anos do levantamento da peaxe de Rande. “Mentres os socialistas levantamos esta peaxe, o PP levanta todos os proxectos que deixamos preparados para Cangas e O Morrazo”, proclamou.

Así, lembrou que o anterior Executivo galego deixou licitado e en redacción os proxectos de desdobramento do corredor do Morrazo, que incluían a construcción das variantes de Cangas, Moaña e Bueu, ademais dos informes de impacto ambiental. “Agora, Feijoo desbotou os informes de impacto ambiental e non inclúe no proxecto a construcción das variantes e tampouco aceptou as alegacións presentadas polos concellos respecto do coidado do entorno ambiental”, lamentou.

Por elo, esixiu que “o desdobramento se faga canto antes, con respecto ambiental e coa construcción das variantes que permitan comunicar ao conxunto da comarca”.

Vázquez criticou que o Goberno de Feijóo “só trouxo paralización ao Morrazo” e puxo como exemplo a ampliación do parque empresarial de Castiñeiras que quedou aparcado; os centros de saúde de Cangas, Moaña e Marín, que estaban xa orzamentados; o Centro de Alta Resolución previsto polo anterior Goberno socialista, ou a lonxa que deixou construída a anterior conselleira de Pesca “e que hoxe está pechada pola inoperatividade do PP”.

“Con eses incumprimentos, non é de extrañar que Feijóo en vez de recorrer Galicia para explicar o que fixo nestes dous anos, estea a explicar por que non puido facer nada”, sentenciou.

Lamentou a desidia do Goberno do PP nesta comarca e dixo que “o único que fan é investir diñeiro público en comprar vontades políticas para evitar perder a Deputación provincial”.

“Pero desta volta, vai, imos conseguir a alcaldía de Cangas e a Deputación provincial, porque son moitos os pontevedreses que non aceptan que se xogue cos votos dos cidadáns e se utilicen prácticas caciquís que denigran a democracia e a libertade das persoas”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar