Vázquez destaca a loita e tesón de Caballero para defender Vigo fronte ao "ataque brutal" de Feijóo

Vázquez destaca a loita e tesón de Caballero para defender Vigo fronte ao "ataque brutal" de Feijóo

Vázquez destaca a loita e tesón de Caballero para defender Vigo fronte ao "ataque brutal" de Feijóo

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que “non só vamos a gañar a alcaldía de Vigo, senón as de todas as grandes cidades de Galicia, ademais de incrementar as alcaldías nos concellos”. En Vigo, onde participou no mitin xunto ao candidato á reelección, Abel Caballero, e o vicepresidente primeiro e ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, salientou “a loita, tesón e defensa da cidade que representa Abel, fronte ao ataque brutal de Feijóo”.

Vázquez dirixiuse a Rubalcaba para expresarlle o “orgullo de todos os socialistas galegos” porque “fas política como cando un equipo de fútbol xoga ben, facéndoo doado, falando no idioma da xente, transmitindo tranquilidade, serenidade, emoción e impulso”. “Non me estraña que teñas nerviosos aos do PP, pois que compren tranquilizantes, porque lles queda moito tempo para seguir poñéndose nerviosos”, dixo.

O líder socialista criticou os ataques de Feijóo e o PP a Vigo, “contra unha cidade que lle parou os pés, con Abel Caballero sempre á cabeza, defendendo aos homes e mulleres desta cidade”. Mentres “hai outros e outras que están sempre de lado dos que atacan a Vigo, dos que en vez de traer dereitos querían levalos e en vez de traer caixas querían levalas, e en vez de traer medicamentos dedicáronse a quitarllos aos enfermos”.

Pediu por elo aos homes e mulleres de Vigo “que axudedes aos pequenos concellos a pararlle os pés a esta dereita que quere desmontar o noso estado social” e lembroulle a Feijóo que “non hai unha Galicia única, queremos defender a Galicia plural, diversa e na que cabemos todos”.

Vázquez fixo un chamamento á mobilización ao voto progresista “porque o 22 de maio xogámonos un xeito de vivir”. Advertiu que o PP “quere tumbar os grandes logros acadados polos socialistas, como tumbaron o Hospital público de Vigo, privatizándoo para os próximos 25 anos”.

“Hai que pararlles os pés”, proclamou o líder socialista, quen avogou por “lograr un cambio en Galicia, con Vigo á cabeza dese cambio”.

O candidato á reelección Abel Caballero, salientou que “somos o concello menos endebedado de España, e conseguímolo ao mesmo tempo que transformamos esta cidade”.

Caballero dirixiuse a Feijóo para advertirlle que “con Vigo non se xoga” e lembrou que “tivemos que saír á rúa para dicirlle que a caixa era nosa, que o aeroporto de Vigo tiña que ser potenciado, e que o Hospital de Vigo ten que ser público”.

Pola súa parte, Rubalcaba afirmou que Caballero seguirá gobernando en Vigo e expresou a súa confianza en ter un excelente resultado nas eleccións municipais en Galicia “no sólo por el buen trabajo de los alcaldes, sino también por el buen trabajo realizado por Pachi Vázquez al frente del PSdeG, desde el primer día, sin perder el ánimo”.

Destacou os avances que supuxo o Goberno de Zapatero en dereitos sociais e igualdade aínda que recoñeceu que “queda mucho por hacer en igualdad, porque las mujeres siguen ganando menos que los hombres por el mismo trabajo”. Lembrou que “no todos somos lo mismo, mientras Feijóo llegó al gobierno y suprimió los libros de textro gratuitos, Caballero impulsó becas para estudiar idiomas. Son los ayuntamientos los que tienen que impulsar las políticas sociales frente a los recortes de la derecha”, sinalou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar