Vázquez denuncia que o goberno de Feijóo leva dende agosto sen pagar e certificar obras

Vázquez denuncia que o goberno de Feijóo leva dende agosto sen pagar e certificar obras

Vázquez denuncia que o goberno de Feijóo leva dende agosto sen pagar e certificar obras

O secretario Xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, acusou hoxe ao Goberno de Feijóo de “maquillar os datos” e “meter as facturas non caixón” a fin de “cadrar as contas artificialmente mentres leva dende agosto sen pagar e certificar obras”.

Vázquez preguntouse por que, a pesar da situación económica actual, o paro aumenta mais en Galicia que no resto de España, a afiliación á seguridade social cae máis e o descenso de produción industrial é seis veces maior. “Isto está a pasar porque vostede é o presidente de Galicia e non asume a súa responsabilidade”, espetoulle a Feijóo na sesión de control do Parlamento.

Lembrou así que “en dous anos e oito meses conseguiu endebedar a Galicia mais que nos 28 anos anteriores” e criticou que neste tempo “detraeulle ás familias máis de 3.000 millóns de euros; 950 dos servizos públicos básicos, 1.083 millóns en infraestruturas, 283 millóns da vivenda e 542 millóns de desenvolvemento empresarial a sectores produtivos”.

“Isto explica unha parte do retroceso da economía galega”, sinalou, “a outra parte a explica a baixa licitación de obra pública, e a terceira é que vostede non paga”, díxolle a Feijóo.

Vázquez denunciou así que Feijóo “oculta a realidade das contas e garda as facturas no caixón” xa que “o certo é que dende o 1 de agosto deste ano non se pagou unha soa certificación de obra en Galicia e dende o 1 de setembro non se emitiu nin unha soa certificación”.

“Vostede está maquillando as contas co fin de chegar a decembro sacando peito e dicindo que todo está moi ben”. “Está enganando aos galegos e galegas”, sentenciou “e o máis grave, está conseguindo que se incremente o paro e se destrúa máis emprego e comprometendo o gasto do vindeiro ano”.

O líder socialista acusou ao Goberno galego de non pagar aos empresarios para retrasar as facturas e facer así cadrar as contas a final do ano. Citou algúns casos como o da Variante de Ordes, paralizada porque as empresas non cobraron as adxudicacións, o Corredor de Sarria-Monforte, paralizado dende Agosto, ou a Variante de Ortigueira, do Corredor Norte, paralizada tamén.

Así mesmo, denunciou que “a 30 de xuño deste ano, a porcentaxe dos pagos con respecto ao crédito vixente era só dun 20,7%” , é dicir, que dos 2.201 millóns de euros de crédito vixente para os gastos de capital do 2011, á metade do ano só levaban pagados 456.

“Con esta proporción, ao final do ano os pagos non van superar a metade dos que estaban previstos”, sinalou Vázquez, para engadir que o Goberno galego “deixará de pagar máis de 1.000 millóns de euros, porque non queren que computen neste exercicio e queren retrasalos ata 2012”.

“Vostede que presumía de ser o xestor da austeridade, resultou ser o xestor de cadrar as contas artificialmente”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar