Vázquez denuncia o “estrepitoso fracaso” económico de Feijóo, que “endebedou a Galicia en 81 millóns de euros cada mes, case en 3 millóns cada día”

Vázquez denuncia o “estrepitoso fracaso” económico de Feijóo, que “endebedou a Galicia en 81 millóns de euros cada mes, case en 3 millóns cada día”

Vázquez denuncia o “estrepitoso fracaso” económico de Feijóo, que “endebedou a Galicia en 81 millóns de euros cada mes, case en 3 millóns cada día”


O secretario xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, denunciou o “fracaso estrepitoso” da política económica do Goberno de Feijóo, xa que “dende a súa chegada á Xunta, Galicia endebedouse cada mes en 81 millóns de euros, o que supón un endebedamento de máis de 2,7 millóns cada día”.

Na sesión de control do Parlamento, Pachi Vázquez lembrou que Feijóo, despois de comprometerse a revitalizar a economía galega, acabar co paro en 45 días e garantir as prestacións sociais públicas, “elixiu outro xeito de gobernar” consistente “nun goberno de slogans repetidos mil veces en campañas de publicidade que pagamos todos os galegos e galegas”.

“Vostede cambiou o facer máis con menos, por facer menos con mais, conseguindo un país con máis débeda e máis recortes, e con menos crecemento, menos emprego e menos prestacións”, proclamou.

Vázquez expuxo na súa intervención “a cara real” de Galicia dende a chegada de Feijóo ao goberno, que é “a dunha Galicia endebedada en máis de 6.000 millóns de euros –a quinta máis endebedada do Estado- cun endebedamento público que aumentou nun 60 por cento dende a súa chegada ao Goberno”. Concretamente, cifrou en 2.200 millóns de euros o incremento da débeda pública de Galicia dende que Feijoo é presidente, o que supón que aumentou en 81 euros cada mes ou en cerca de 3 cada día dende marzo de 2009.

A isto engadiu “o peche de 10.800 empresas, a desaparición de 12.000 comercios de autónomos ou o aumento da débeda da Xunta cos autónomos ata os 940 millóns de euros”. Apuntou ademais que “o descenso de produtividade industrial foi no primeiro trimestre do 4,1 por cento, fronte ao crecemento de España do 1,3 por cento, ao igual que o do sector turístico, que caeu nun 7 por cento fronte ao incremento do 8,7 por cento estatal”.

Vázquez fixo fincapé no incremento do desemprego, e lembrou que nos meses de Goberno de Feijóo destruíronse en Galicia 87.000 empregos, 40.000 deles no sector industrial, e hai 50.000 xoves desempregados, dos que case a metade son titulados universitarios. Engadiu que en Galicia caeron as afiliacións á Seguridade Social máis do dobre que en España, e hai a día de hoxe 64.000 parados máis que antes da chegada de Feijóo á Xunta.

“Esa é a súa Galicia”, espetoulle a Feijóo, “a Galicia que non sabe de slogans ou campañas publicitarias; a Galicia paralizada por un goberno ausente que non asume ningunha das súas responsabilidades”.

“En vez de presidente, vostede convertese no notario de Galicia, que da conta do mal que vai todo, sen aportar solucións”, dixo, á vez que apuntou que “cada mes dos que leva ao fronte da Xunta, hai 2.730 parados mais, destrúense 3.222 empregos, desaparecen 400 empresas e pechan 440 comercios”.

Sinalou que estes datos poderían xustificarse se o Goberno galego investise en economía produtiva, innovación, investigación ou en garantir os servizos públicos, pero “escolleron outro camiño, que é repetir a mesma mentira mil veces e pagar campañas para defender modelos que non son reais”.

”Entre soflamas e ataques ao Goberno central, levan xestionado 25.000 millóns de euros sen solucionar ningún dos principais problemas de Galicia”, explicou.

Neste punto aludiu ao catálogo de medicamentos da Xunta para sinalar que, con el, “Galicia non aforra nin un só euro máis que o resto das comunidades que non lle restan medicamentos aos seus cidadáns” polo que acusou á conselleira de falsear a realidade.

Por último, esixiu a Feijóo que asuma “o fracaso estrepitoso da súa política económica”, xa que “todo o que herdou en políticas diferenciais positivas o dilapidou en 28 meses”. “Decidiu vostede que Galicia é un problema de Madrid e Bruselas, e non do presidente da Xunta, mentres os miles de parados, dependentes e enfermos lle esixen que exerza de presidente de Galicia, ou recoñeza a súa incapacidade”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar