Vázquez defende o proxecto renovado de Rubalcaba para saír da crise fronte aos recortes de Rajoy e Feijoo

Vázquez defende o proxecto renovado de Rubalcaba para saír da crise fronte aos recortes de Rajoy e Feijoo

Vázquez defende o proxecto renovado de Rubalcaba para saír da crise fronte aos recortes de Rajoy e Feijoo

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, defendeu hoxe o proxecto renovado de Rubalcaba como mellor aposta para saír da crise fronte á política de recortes do PP que representan Rajoy e Feijóo.

Así o dixo no acto central de campaña do PSdeG en Vigo, no que participou xunto á candidata ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da cidade, Abel Caballero.

O líder dos socialistas galegos destacou que “iniciamos a campaña cos deberes feitos. Oito anos de Goberno socialista nos que se fixo a maior inversión da historia no momento de maior dificultade económica”. Salientou así os investimentos en infraestruturas, o compromiso coa igualdade, cos dereitos cívicos, co fin do terrorismo e a paz.

“Estamos nun momento transcendental para Galicia”, afirmou. “O 20N temos que decidir se goberna Rubalcaba, que propón un xeito de saír da crise, onde os máis ricos sexan os que mais aporten, garantindo a educación e a sanidade, ou se goberna Rajoy, que quere que os grandes patrimonios e as rendas máis altas aporten menos recursos en beneficio de todos”, engadiu.

“En Galicia, xa sabemos que desta crise non se sae pechando escolas e quirófanos, suprimindo profesores e médicos, ou privatizando a sanidade, como fai o PP”, afirmou Vázquez. “O que fai falla é obter máis ingresos dos que máis teñen para destinalos a crear emprego e manter a sanidade, a educación e a dependencia”.

“Este é o compromiso dos socialistas con todos os cidadáns para a próxima lexislatura, e é a nosa aposta para estas eleccións”, proclamou.

Fracaso das medidas do PP

Vázquez afirmou que tras case tres anos de goberno conservador en Galicia, o resultado da política anticrise de Feijóo é “máis débeda, menos sanidade, e menos educación pública, en definitiva, un rotundo fracaso”.

“Fronte a isto, os socialistas temos un proxecto renovado e medidas concretas para saír desta crise; un proxecto que é a mellor opción para entrar na senda do crecemento e abordar o futuro con máis optimismo”.

Vázquez incidiu en que hai dúas clases de políticos “aqueles que dan a cara e intentan solucionar os problemas dos cidadáns, como Rubalcaba” ou “aqueles que miran para ouotro lado e esperan que os problemas os solucionen outros, que é o que fai Rajoy”.

“Nós estamos cos primeiros, con Rubalcaba, que loita para que poidamos saír da crise sen cargarnos a sanidade e a educación públicas”, proclamou. “Isto é polo que temos que loitar todos os cidadáns, e polo que temos que votar o próximo 20 de Novembro”, dixo o líder socialista.

Fixo así un chamamento ao socialismo galego “a traballar para conseguir mobilizar ao noso electorado, e ao 30% de indecisos”. “Farémolo con Rubalcaba, con Pepe Blanco, con Fran Caamaño, con Laura Seara, e dende logo, con Carmela Silva, encabezando candidaturas de mulleres e homes que teñen un proxecto para Galicia e para España”.

“Para non perder os dereitos cívicos e sociais que tanto tempo nos costou conseguir, a única opción de goberno é o Partido Socialista, e o único presidente que o pode garantir é Alfredo Pérez Rubalcaba. Seguro que o imos conseguir”, remachou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar