Vázquez contrapuxo os investimentos realizados polos gobernos socialistas en Redondela coa “paralización de proxectos e recortes” da Xunta

Vázquez contrapuxo os investimentos realizados polos gobernos socialistas en Redondela coa “paralización de proxectos e recortes” da Xunta

Vázquez contrapuxo os investimentos realizados polos gobernos socialistas en Redondela coa “paralización de proxectos e recortes” da Xunta

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, contrapuxo os investimentos realizados polos gobernos socialistas en Redondela –tanto polo anterior Executivo autonómico como polo Goberno central- coa “inacción, paralización de proxectos e recortes” dende a chegada do PP á Xunta.

O líder dos socialistas galegos salientou o traballo realizado polo actual alcalde de Redondela, Xaime Rei, do que destacou “o seu compromiso e entrega” e ao que responsabilizou de moitos dos “cambios transcendentais que viviu este concello”. Ao mesmo tempo, transmitiu o seu apoio e o respaldo do socialismo galego ao candidato Eduardo Reguera “que coñece á perfección os problemas de Redondela e ten solucións para eles”.

Vázquez lamentou a falla de apoio que o concello de Redondela, ao igual que o resto dos concellos socialistas, está a recibir da Xunta, e lembrou que co anterior goberno socialista “desenvolvimos en Redondela proxectos moi importantes como o saneamento e depuración de augas, ou a conservación de espazos naturais”.

Subliñou as melloras realizadas en centros educativos do municipio así como a construcción da nova autovía Pontevedra-Vigo ou o aliciente que suporá o AVE para a dinamización económica de Redondela. Tamén lembrou que “onte o Grupo Socialista no Congreso aprobou unha moción para a rehabilitación do antigo viaducto do tren”.

“Isto contrasta coa paralización, recortes e incumprimentos do Goberno de Feijóo nos últimos dous anos”, apuntou Vázquez, quen incidiu en que “todos os redondeláns, e os galegos en xeral, perdemos algo dende a chegada de Feijóo á Xunta”. Así, fixo fincapé no recorte de dereitos sociais que trouxo o Goberno de Feijóo e lembrou que, no caso de Redondela, “aínda está pendiente a apertura do centro de día”.

Vázquez tamén lembrou os incumprimentos do Goberno de Feijóo para o saneamento da ría de Vigo, e sinalou que mentres o anterior goberno socialista puxo en marcha un plan moi ambicioso para sanear e depurar as augas “a Xunta paralizou este plan, e retrasou a construcción da EDAR de Vigo, o que ven de motivar a sanción da Unión Europea”.

Aludiu ademáis á “nefasta” política pesqueira do Goberno de Feijóo, poñendo como exemplo a supresión do seguro colectivo do mar “que deixou a máis de 4.000 mariñeiros e mariscadoras desta ría, e a 30.000 de toda Galicia, sen seguro de accidentes dende o pasado mes de outubro”. Engadiu a supresión das axudas ás mariscadoras, e a nova lei de augas, cun afán “totalmente recadatorio, que suporá o incremento do canon da auga nun 140%”.

Por todo elo afondou na necesidade “hoxe máis que nunca, de loitar pola defensa dos nosos dereitos cívicos, os nosos servizos públicos e polo noso modelo social”. “No caso de Redondela, a mellor opción para elo é a que lidera Eduardo Reguera”, proclamou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar