Vázquez contrapón o seu programa de crecemento e emprego co dos recortes e o sufrimento de Feijoo e Rajoy

Vázquez contrapón o seu programa de crecemento e emprego co dos recortes e o sufrimento de Feijoo e Rajoy

Vázquez contrapón o seu programa de crecemento e emprego co dos recortes e o sufrimento de Feijoo e Rajoy

O candidato socialista á Xunta, Pachi Vázquez, salientou a importancia da cita electoral do 21 de outubro para o futuro de Galicia, pois nela “decidimos entre o aval a Feijoo e Rajoy, para seguir pola senda do paro, os recortes e a recesión, ou cambiamos de camiño para intentar saír a flote, creando emprego, crecemento e preservando as prestacións sociais”.

O programa electoral do PP “é a axenda oculta do PP, de Feijoo e Rajoy para enmascarar o sufrimento dos cidadáns nos próximos 4 anos”, aseverou. “Nós temos un programa que quere apostar polo crecemento económico para xenar emprego, blindando a nosa sanidade, a nosa educación pública”.

Vázquez fixo esta afirmación na presentación do Programa Electoral do PSdeG-PSOE na Coruña, acompañado polo Secretario Xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, e os cabezas de cartel provinciais do PSdeG, Caamaño, Burgo e Losada, así como numerosos candidatos, cargos orgánicos e institucionais socialistas. Ao acto tamén acudiron representantes sindicais, como o Secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez e o de UA, Roberto García, e personalidades da empresa e da cultura, como o director José Luis Cuerda.

O líder dos socialistas galegos alertou sobre a importancia dos comicios autonómicos de Galicia, onde os cidadáns escollerán “se queremos un país que mira ao futuro, ou un país que retrocede ao pasado”, que representa a continuidade de Feijoo.

O candidato á Presidencia da Xunta do PSdeG-PSOE presentou os eixos programáticos cos que concorre á cita do 21- O propoñendo unha dicotomía entre as propostas de futuro dos socialistas e a de recortes e recesión de Feijoo e Rajoy. Así, ofreceu “a elección entre unha sanidade e educación públicas, gratuítas e para todos ou se as queremos só para os que poden pagalas”.

Neste sentido, recordou que Galicia ten as pensións máis baixas do Estado, “non se pode obrigar aos pensionistas galegos a pagas o mesmo prezo polas medicinas que aos do resto do Estado, que gañan máis”, dixo Vázquez.

Pachi Vázquez recriminou a Feijoo que se gabe da redución do gasto farmaceútico en 300.000€, pero “non di é canto están gastando os pensionistas do seu peto para compensar ese aforro”. O candidato socialista á Presidencia da Xunta comprometeu que se ten a responsabilidade de Gobernar a partir do 21 –O “non haberá copago sanitario en Galicia” e “ningún pensionista galego terá que pagar polas medicinas que precisa”.

Criticou a belixerancia de Feijoo co Sistema Educativo Público e afirmou que con Pachi Vázquez de presidente, volverá a gratuidade dos libros de texto. Tamén se comprometeu a que non  haberá máis rescisións de contratos de profesores e a dotar as axudas necesarias para que ninguén teña que deixar de estudar por motivos económicos. Unha Lei blindará a Educación Pública, afirma Pachi Vázquez, para “garantir a súa universalidade, gratuidade e calidade”.

Feijoo incrementou en máis de 133.000 persoas o número de desempregados en Galicia, dobrando practicamente a media do crecemento do paro de España nesta lexislatura (70% fronte ao 42%).

Pachi Vázquez propuxo escoller entre a opción socialista de darlle unha oportunidade de emprego á xuventude ou, pola contra se queremos que emigren como fixeron os seus avós. Coa confianza das galegas e os galegos, o candidato socialista á presidencia da Xunta garantiu que 25.000 mozas e mozos poderán  acceder, ao longo da lexislatura, a unha beca/contrato de formación de 500€ mensuais durante un ano para incorporarse ao sistema produtivo. Para este plan, conta con 60 M€ da nova fiscalidade, así como cos fondos comunitarios para inserción laboral da mocidade, dotados con 10.000M€.

Atendendo á cada vez máis elevada lista de parados de longa duración, o líder dos socialistas galegos propón un programa mixto de emprego e formación para posibilitar a contratación de 15.000 persoas nesta situación na lexislatura.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta lembrou ás máis de 40.000 homes e mulleres esperando que os atendan no servizo de dependencia, non para que lla concedan, senón sinxelamente para que lle miren os seus dereitos. Recriminou á dereita a súa “obsesión de expulsar a muller do mundo laboral e reubicala nun traballo non remunerado que é atendendo a súa casa”.

Vázquez arremeteu contra o PP porque “co tema da dependencia o PP tivo unha obsesión toda a vida, ocultala. Ca discapacidade, ocultala”. Non so hai 40.000 dependentes que están esperando unha política de dependencia, acusou, senón que “hai unha política durísima contra tódolos colectivos que defenden a Dependencia cun recorte que está sendo, coa crise, dobremente cruel”.

Pachi Vázquez definiu o proxecto de cambio dos socialistas como “un cambio de modelo produtivo”, baseado na idea de “economía con valor engadido” e que potencie os sectores estratéxicos: eólico, naval, leiteiro, forestal, pesqueiro, pizarreiro, granito. Vázquez animou a escoller entre seguir apoiando un sistema financeiro e económico especulativos ou se apoiamos unha economía produtiva. Conminou á cidadanía a escoller, o día das eleccións, entre “unha Galicia emprendedora e solidaria ou se queremos unha Galicia apoucada e inxusta”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar