Vázquez contrapón a xestión do alcalde de Amoeiro co engano e decepción que representan Feijóo e o PP

Vázquez contrapón a xestión do alcalde de Amoeiro co engano e decepción que representan Feijóo e o PP

Vázquez contrapón a xestión do alcalde de Amoeiro co engano e decepción que representan Feijóo e o PP

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou que o alcalde e candidato á reelección en Amoeiro, Rafael Rodríguez conseguiu “elevar a calidade de vida dos veciños e veciñas sendo un alcalde comprometido e cumpridor, que atende e goberna para todos”.

Así o afirmou nun mitin en Amoeiro onde contrapuxo esta xestión co “engano e decepción” que representa o PP e Feijóo “paralizando importantes proxectos para este concello”. Sinalou que “mentres os socialistas trouxemos a Amoeiro importantes investimentos en saneamento, infraestruturas e equipamentos sociais e culturais, Feijóo estivo aquí a semana pasada, pero ninguén lle escoitou decir nada do centro de día, nin da gardería, nin do abastecemento que está pendente”.

Apuntou que “o único que fai Feijóo é burlarse das listas do paro, para que figuren menos persoas das que están desempregadas e discriminando aos concellos á hora de darlle axudas en función da súa cor política”.

Lembrou tamén que Feijóo e o PP “apostan pola privatización dos novos hospitais, o copago para novos servizos e centros de saúde, e non ofertan ningunha residencia pública nin centro de día, mentres que as que abren son todas privadas”.

Vázquez apuntou que “o contrato de Feijóo con Galicia é un engano e o balance dos seus dous anos de goberno unha decepción”. Engadiu que o PP en Ourense “decepciona tanto que a Baltar xa non o queren nin os do PP” polo que “os socialistas imos axudarlles a mandalo para a casa”.

Remarcou así acadar a Deputación de Ourense como un dos obxectivos dos socialistas galegos, ao igual que manter as deputacións actuais e o goberno das principais cidades e sinalou que “as enquisas dannos a razón”.

Antes de participar no mitin de Amoeiro, Vázquez fixo o propio en Salamonde, no concello de San Amaro, onde expresou a súa confianza en que o PSdeG acadará a alcaldía “coa mellor candidata, que é Sonia Ordóñez, que co seu traballo, honestidade e constancia, mandará ao PP para a casa o 22 de maio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar