Vázquez considera unha boa nova a apertura dun escenario de futuro para un banco galego

Vázquez considera unha boa nova a apertura dun escenario de futuro para un banco galego

Vázquez considera unha boa nova a apertura dun escenario de futuro para un banco galego

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, considerou “unha boa nova” a apertura dun escenario de posibilidades para o futuro dun banco galego, dirixido por “un cualificado dirixente económico galego e home de consenso” como Castellano, e mostrouse partidario de estar “colaboradores e expectantes” ante un escenario financeiro “complicado”.

Nunha entrevista en Cope Galicia, Vázquez destacou que Castellano “ten todo o crédito do mundo das finanzas” polo que considerou positivo que encabece un proxecto dun banco que, lembrou, xurde de sumar fondos de NCG e do Estado.

Salientou ademais que Castellano é proposto polo consello de administración de NCG, “o que supón un elemento de unidade e significa un equilibro entre as forzas sociais galegas norte-sur, este-oeste”. “Isto é moi positivo, pero partir de aí, hai que estar colaboradores e expectantes, e non anticipar acontecementos, posto que a travesía que se inicia hoxe vai a ser dura e difícil”, advertiu.

A este respecto, lembrou que existe a garantía de que o Banco de España aportará, a través do FROB e si fai falla, os 2.622 millóns de euros que precisa o novo banco para a súa capitalización.

Por todo elo, afirmou que “isto empeza ben” pero ao mesmo tempo apelou á “prudencia e cautela” porque “damos un importante primeiro paso, contando cunha figura que ten crédito e consenso para poñerse ao fronte, pero o diñeiro aínda non está”.

A este respecto, Pachi Vázquez chamou á tranquilidade por canto o FROB cubrirá a diferencia entre a aportación de capital que liderará Castellano (ao parecer entre 300 e 500 millóns de euros) e os 2.622 millóns de euros que precisa o novo banco.

“Este primeiro paso é positivo, pero queda unha travesía dura e difícil por diante, porque o sistema financeiro está moi complicado, e sufriu unha tormenta económica dunha dimensión espectacular”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar