Vázquez: “Con Feijóo e o PP en Galicia hai dúas sanidades: unha para persoas con recursos e outra para os que non os teñen”

Vázquez: “Con Feijóo e o PP en Galicia hai dúas sanidades: unha para persoas con recursos e outra para os que non os teñen”

Vázquez: “Con Feijóo e o PP en Galicia hai dúas sanidades: unha para persoas con recursos e outra para os que non os teñen”

´

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu hoxe que en Galicia “xa vimos a película do PP. Prometen que acabarán coa crise e que non tocarán a sanidade e a educación e cando chegan ao goberno fan o contrario”. Así o explicou no mitin da Coruña xunto ao candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, Francisco Caamaño e Javier Losada.

“Os socialistas temos gañas de gañar as eleccións”, dixo, aludindo á multitudinaria asistencia ao mitin e aos centos de persoas que quedaron fóra do auditorio por falla de espacio. “Hai dúas maneiras de perder eleccións: cando se dan por perdidas, cousa que nos non imos facer, ou cando se dan por gañadas, como está a facer o PP”, advertiu.

Vázquez expresou o agradecemento dos socialistas galegos a Rubalcaba “que hoxe percorrerá Galicia de punta a cabo para falar coa xente”. Aludiu así á axenda que o candidato socialista manterá hoxe na nosa comunidade, e que ademais dos mitins da Coruña e Vigo inclúe os “mitins en ruta” que desenvolverá en Oroso, Betanzos e Rianxo.

Un percorrido que o candidato realizará para explicar aos cidadáns o programa do PSOE, que Pachi Vázquez contrapuxo co do PP.

“Din que a dereita é mellor en economía, pero aquí en Galicia xa vimos esta película. Hai case tres anos o PP veu dicindo que ía acabar co paro, saír da crise e que non tocarían a sanidade e a educación públicas, e ao chegar ao goberno, fixeron todo o contrario”.

Así, lembrou que tres anos despois da chegada de Feijóo ao goberno “hai 500 euros menos para educación, mil profesores menos, a metade de becas, e menos orzamento para universidades”. “Galicia será no futuro o que sexan a súa educación e ás súas universidades, por iso os socialistas non abandonaremos á educación pública”, sinalou.

En sanidade, apuntou que “xa no primeiro mes de goberno do PP pecharon os quirófanos polas tardes, e agora din que temos que pagar 10 euros pola tarxeta sanitaria, e dende o 29 de setembro xa temos en Galicia dúas sanidades, unha para ricos e outra para pobres”.

O líder dos socialistas galegos aludiu así ao decreto aprobado polo goberno galego que limita a atención sanitaria ás persoas sen recursos. “Agora cando un chega ao médico, en vez de preguntarlle que lle doe lle preguntarán si é rico ou pobre”, dixo.

“Vamos a permitirlle isto? Non”, proclamou, á vez que lembrou que aos recortes sociais engádese o incremento do paro e do endebedamento en Galicia dende que goberna o PP. “Non é certo que a dereita mellore a economía, a dereita destrúe emprego e dereitos sociais”, afirmou.

Apuntou que “o 20N temos que decidir si atravesamos a crise cun goberno socialdemócrata, que nos defenda na adversidade, ou cun goberno que ademais de fundir o emprego vai incrementar os desquilibros sociais”.

Por iso fixo un chamamento aos votantes progresistas indecisos aos que advertiu que “nos somos os que decidimos, porque se non votamos, deixamos que gañe a dereita”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar