As eleccións de Andalucía e Asturias evidencian que o periodo de graza do PP empeza a esgotarse

As eleccións de Andalucía e Asturias evidencian que o periodo de graza do PP empeza a esgotarse

As eleccións de Andalucía e Asturias evidencian que o periodo de graza do PP empeza a esgotarse

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, advertiu que o xiro á esquerda rexistrado nas eleccións de onte en Andalucía e Asturias evidencia que o “comeza a esgotarse o período de graza do PP” que comezou en Galicia e chegou ata as eleccións xerais de novembro. Sinalou que a cidadanía “empeza a responsabilizalos dunha serie de ataques ao modelo de Estado”.

O líder dos socialistas galegos reclamou ao presidente da Xunta que “tomen nota” para “saber que non vale con converterse nun notificador permanente de malas noticias para os desempregados, os investigadores, o naval, o eólico, a acuicultura, non chega con dicir que isto vai mal e vaise poñer peor”.

Pachi Vázquez sinalou que “fai falta un goberno en Galicia que tome unha decisión: ou pon propostas enriba da mesa para sacar adiante este país reactivando a economía ou ten que asumir claramente que se sinte incapaz”. Engadiu que “si non se sinte con forzas para sacar adiante a este país que deixe paso”.

Fervendo

O tamén secretario xeral do PSdeG-PSOE sinalou que “neste momento a cabeza do presidente do goberno debe de estar literalmente fervendo” para decidir sobre o calendario electoral galego. Dixo que “o que teñen que facer é gobernar e non converter isto nun elemento calculista nin t

acticista”.

Instou a Feijóo a “asumir os problemas dos galegos e das galegas e os resolva”. Lembrou que “estamos todos para axudarlle a resolver os problemas, e por iso lle demos propostas, iniciativas e proposicións, pero el esqueceuno todo”.

Lembrou así a súa intervención no debate do Estado da Autonomía, no que o propio Pachi Vázquez presentou medidas para blindar o Estado social e reactivar a economía de Galicia. dixo que “non chega con dicir qué lle temos que sacar á xente” xa que “hai que garantir aos cidadáns que hai outra maneira de ver a política” diferente á do PP.


Responsabilizar ao PP

O líder socialista dixo que os resultados de onte supoñen un “cambio de tendencia” polo que “a cidadanía empeza a responsabilizar ao PP dunha serie de ataques ao noso modelo de Estado”.

Explicou que Asturias “marca un cambio de tendencia e o PP se queda cravado” e mesmo o voto emigrante ofrece a “posibilidade razoable dun pequeno xiro”. Mentres, dixo, en Andalucía reflectiuse un “xiro á esquerda substantivo” e veu “claro” que “vai haber un goberno de esquerdas”.

Engadiu que a mensaxe que ofrecen os cidadáns é que “desta crise non se sae maltratando á sociedade, recortándolle dereitos e pensando que sinxelamente retirando o Estado isto vai saír adiante”.

Folga xeral

O líder dos socialistas galegos anunciou tamén que os deputados e deputadas socialistas secundarán a folga xeral convocada para o próximo xoves. Pachi Vázquez dixo que así o acordaron durante a xuntanza do Grupo Parlamentario celebrada hoxe, polo que llelo comunicarán á presidenta da Cámara.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar