Vázquez apela á mobilización do 30% dos indecisos para evitar que o PP de Rajoy faga o que está facendo Feijoo en Galicia

Vázquez apela á mobilización do 30% dos indecisos para evitar que o PP de Rajoy faga o que está facendo Feijoo en Galicia

Vázquez apela á mobilización do 30% dos indecisos para evitar que o PP de Rajoy faga o que está facendo Feijoo en Galicia


O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, advertiu que os socialistas teñen que saír á rúa para mobilizar ao 31% dos electores que neste momento teñen decidido ir a votar, pero aínda non elixiron a quen.

Así o afirmou o líder socialista na súa intervención no xantar socialista celebrado en Oroso, concretamente no pavillón de Sigueiro, no que participaron o Ministro de Xustiza e candidato ao Congreso por A Coruña, Francisco Caamaño; o número 2 ao Congreso, Miguel Cortizo, o secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás .

Vázquez iniciou a súa intervención expresando o agradecemento de todos os socialistas galegos a José Luís Rodríguez Zapatero, como “o mellor presidente de Estado que nunca tivo Galicia, xa que ningún goberno investiu tanto nesta comunidade: 15 mil millóns de euros”.

Por todo isto, o líder dos socialistas fixo un chamamento para mobilizar a ese 30% de persoas que tendo decidido vota, aínda non saben a quen. “Son 8 millóns de persoas en toda España as que temos que convencer de que voten e voten progresista”. “Si a esquerda se mobiliza gaña, e senón gaña a dereita”.

O líder dos socialistas ironizou con que en Galicia “o cambio que agora ofrecer Rajoy xa empezou hai 2 anos e 8 meses, dende que goberna o PP. E dende entón, Galicia está máis endebedada, pois pasamos de 3.000 mil millóns a case 8.000 millóns de euros. Feijoo endebedou a nosa comunidade máis en tres anos que nos 22 anteriores”. Engadiu que outro dos cambios foi que “cando Feijóo chegou ao Goberno galego tiñamos en Galicia dúas caixas e o Banco Pastor: hoxe non temos nada”, denunciou.

Pachi Vázquez lembrou, ademais, que “o paro medra o dobre na nosa comunidade que en España” e pediulle a “Rajoy que si, como dí, sabe como se soluciona o paro, que llo explique a Feijoo”.

Apuntou que o paro aumentou entre os traballadores das políticas sociais nun 380% no último ano, porque o “PP está aniquilando os sistemas sociais” e engadiu que en sanidade aumentou o 40% e en educación hai este curso 1.000 profesores menos e 3.000 alumnos máis.

Neste senso, o líder dos socialistas lembrou que “hai unha orde do 28 de setembro, aprobada pola Consellería de Sanidade, pola cal cando un enfermo chegue á sanidade pública, o primeiro que deben comprobar os funcionarios e si se trata dunha persoa con o sen recursos e en función de iso serán atendidos”

“Esa é a realidade do cambio que anuncia o PP para España e que nós xa estamos sufrindo en Galicia”, aseverou, polo que “nós traballaremos para facer o cambio do cambio”.

O líder dos socialistas galegos aseverou que “os socialistas temos que traballar e mobilizarnos para evitar que o PP desmantele a educación a sanidade, en definitiva o Estado do Benestar que tanto nos custou levantar”.

“Hai que saír a rúa e dicirlle a xente que a dereita o que si fai é mentir moi ben: cando eliminan as axudas para os libros de texto falan de gratuidade solidaria e si aplastan a lingua galega chámanlle galeguismo cordial”, rematou o secretario xeral dos socialistas galegos.

“Os socialistas somo os que temos que dicirlle a xente que non se pode dobregar os xeonllos ante a dereita, hai que saír a rúa para gañar”, concluíu

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar