Vázquez anuncia iniciativas para que Feijóo asigne á sanidade o incremento orzamentario comprometido por Rubalcaba

Vázquez anuncia iniciativas para que Feijóo asigne á sanidade o incremento orzamentario comprometido por Rubalcaba

Vázquez anuncia iniciativas para que Feijóo asigne á sanidade o incremento orzamentario comprometido por Rubalcaba

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou iniciativas parlamentarias para descartar o copago sanitario en Galicia e para que Feijóo asigne á sanidade pública o incremento orzamentario de 2012 comprometido onte en Galicia polo vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba.

Pachi Vázquez anunciou ademais que presentará no Parlamento unha iniciativa para que o Parlamento galego vote sobre o modelo de copago sanitario, xa que “tanto o presidente da Xunta como a conselleira de Sanidade como o conselleiro de Infraestruturas –que pediu reducir servizos sociais para investir en obra pública- están dicindo copago si”.

Reclamou a Feijóo que expoña “dunha vez” a situación real da sanidade pública galega logo de “anunciar a quebra do sistema nacional de saúde”. Acusouno así de “mentir cando di que a sanidade galega non debe nada e ao mesmo tempo pechan servizos sanitario” e advertiu que xa ten tomada a decisión de privatizar a sanidade pública “desmantelando o sistema sanitario xerando falsas alarmas”.

O líder dos socialistas galegos aproveitou o compromiso do vicepresidente primeiro do Goberno dun aumento de 8.000 millóns de euros para a sanidade pública para reclamarlle ao Goberno galego “que se comprometa” a que estes fondos sexan dirixidos á sanidade pública. Esixiu así á Xunta que free o “desmantelamento da sanidade pública” a través do peche de camas e consultorios e a privatización da saúde.

Simplificación da administración

O líder dos socialistas galegos reclamou hoxe unha Comisión de Traballo do Parlamento de Galicia para mellorar a xestión e incrementar a eficiencia e a calidade dos servizos municipais, que será plantexada formalmente o 26 de xullo. Dixo que hoxe hai un total de 475 organismos superpostos para xestionar os 315 concellos galegos e chamou á súa simplificación para aplicar a máxima “un servizo, unha administración”.

Pachi Vázquez chamou a “lembrar que a función das administracións locais é achegar os servizos aos cidadáns” e abaratar custes duns organismos “complexos, superpostos, ineficientes nos que o servizo aos cidadáns parece que é o de menos”. Puxo o exemplo da Deputación de Ourense, que só destina o 20 por cento do seu orzamento aos cidadáns –uns 600 millóns de euros- mentres o resto os consume “en si mesma”.

Por outra parte, instou ao presidente da Xunta a explicar “cal vai ser o modelo de fundación” polo que optará para o futuro banco galego, xa que este modelo supón unha “perda espectacular” de capital da entidade para o Goberno galego ao limitarse ao 15 ou 20 por cento. Reclamoulle que explique “cómo ten pensado garantir o acceso ás oficinas bancarias” nas localidades que van perder as súas delegacións de NCG.

Incendios
O secretario xeral do PSdeG-PSOE advertiu que mentres o PP critica a visita de Rubalcaba e a actuación da Guardia Civil na persecución dos incendiarios “o Goberno galego está ausente, o presidente desaparecido e o conselleiro de Medio Rural ten diante un papelón”. Advertiu que a Xunta demostra que “non sabe nada dos incendios, así como no inverno non sabía das inundacións e hoxe aínda están sen pagar as indemnizacións”.

Lamentou que o presidente da Xunta “quítase do medio” e “mentres a semana pasada ardía Galicia el estaba na Rioxa e onte en Andalucía” e aquí imponse unha “política de silencio” sobre os lumes forestais. Dixo que o Goberno “non investiu os 28 millóns de euros en políticas prevención” pero “acórdanse de insultar ao goberno central, criticar á UME, botar as culpas á Garda Civil ou acusar aos alcaldes por non desbrozar”.

Pachi Vázquez advertiu por outra banda que a pesares dos datos de paro mensuais coñecidos hoxe o desemprego en Galicia segue duplicando a media interanual estatal pola desaparición das políticas activas de emprego dende a chegada de Feijóo á Xunta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar