Vázquez afirma en Silleda que "todos os camiños da rexeneración democrática acaban neste Concello"

Vázquez afirma en Silleda que "todos os camiños da rexeneración democrática acaban neste Concello"

Vázquez afirma en Silleda que "todos os camiños da rexeneración democrática acaban neste Concello"

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, participou xunto ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, no mitin do concello de Silleda, onde acompañou á candidata á alcaldía, Paula Fernández. Neste acto afirmou que “todos os camiños da rexeneración democrática acaban neste concello” onde “o 22 de maio imos recuperar o dereito cívico esencial que vos foi arrebatado en 2009”.

“As urnas van restituír a afrenta de Feijóo e Louzán a todos os veciños deste concello”, proclamou Vázquez, “porque non hai maior transgresión da democracia que comprar vontades e apoiarse en tránsfugas para usurpar unha alcaldía que os veciños de Silleda non lle destes ao PP”.

Por elo, o líder socialista esixiu a Feijóo “que veña aquí, a Silleda, a pedir perdón. Primeiro, por aupar a unha tránsfuga á alcaldía, e segundo, porque despois de coroala, deixouna abandonada, a ela e aos veciños e veciñas deste concello”. “Non querían unha alcaldesa socialista en Silleda, pero tampouco lle querían a Silleda”.

“Galicia necesita con urxencia unha dose de rexeneración democrática”, afirmou, e esixiu para elo a Feijóo “que rexeite dunha vez o transfuguismo, sen medias tintas, e que suprima das candidaturas do PP aos tránsfugas”.

"O día 22 non nos xogamos a política, aquí nos xogamos a dignidade", proclamou. "Detrás de ti, Paula, estamos miles de homes e mulleres que estamos fartos de doblar a rodilla. O PP vai seguir coa política da alcantarilla, pero non olvidedes que o PP quixote botar da alcaldía porque eras a alcaldesa da xente, e porque quixeches romper co modelo do enchufismo e do caciquismo", sentenciou.

Por elo, Vázquez afirmou que "o día 22, seremos miles e homes e mulleres sociaistas os que estaremos con vos, en Silleda, dándovos o noso apoio".

“A rexeneración democrática en Galicia ten que comezar pola Xunta e continuar polas deputacións que goberna o PP, as de Pontevedra e Ourense”, remachou. “E ten que ser o presidente de Galicia quen se comprometa a levala adiante, porque ten a obriga de facelo e porque ía no contrato que asinou antes de tomar posesión do seu cargo”, engadiu.
Audio Pachi Vázquez en Silleda

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar