Vázquez advírtelle a Feijoo que si non da marcha atrás nas restriccións sanitarias e no copago, o PSdeG acudirá aos tribunais

Vázquez advírtelle a Feijoo que si non da marcha atrás nas restriccións sanitarias e no copago, o PSdeG  acudirá aos tribunais

Vázquez advírtelle a Feijoo que si non da marcha atrás nas restriccións sanitarias e no copago, o PSdeG acudirá aos tribunais

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, advertiu hoxe a Feijóo que “si mantén o decreto que conculca a asistencia sanitaria verémonos nos xulgados”. Interveu na sesión de control ao presidente da Xunta para advertirlle que “non vamos deixar que vostede nin os seus deputados retiren este dereito universal a tódolos cidadáns do país”.

O líder socialista reclamou a retirada do decreto que establece os prezos da sanidade pública e que, nunha disposición adicional inédita, anuncia o cobro polo “uso irresponsable” destes servizos. Esixiulle ao presidente da Xunta que “si é certo que non vai cobrar polo uso da sanidade pública retire” estes decretos.

O presidente do grupo parlamentario socialista tamén lle pediu a Feijoo a retirada da orden que restrinxe a atención sanitaria ás persoas sen recursos ou a quen leve menos de 6 meses empadroado en Galicia.

Pachi Vázquez dixo que a realidade é que “está dándolle forma xurídica ao que é unha maneira de cobrarlle a tódolos cidadáns galegos polo uso da sanidade pública” e lembrou que o presidente da Xunta xa anunciara en primeiro lugar o cobro de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria “malia ao informe negativo do Consello Económico e Social que di que non o debe de facer”.

Explicou que o DOG, a través da orden do goberno de Feijoo, establece que quen teña a tarxeta vencida queda sen atención sanitaria e sen medicamentos, “salvo as urxencias hospitalarias”. Lembrou que a continuación, e en contra das leis de Saúde Pública que establecen a universalidade do servizo, o presidente da Xunta “engana a tódolos galegos e lle obriga a pagar aos novos 65.000 parados” ou lle nega a asistencia sanitaria a quen leva empadroado menos de seis meses en Galicia.

Os socialistas galegos sinalan que, en contra do que afirmou hoxe o presidente da Xunta, ningún dos decretos aprobados polo goberno galego na pasada lexislatura establece a mesma disposición adicional do decreto 209/2011 que abre a porta ao cobro das prestacións sanitarias a calquera galego. Para demostralo, facilitou os últimos decretos de prezos do anterior goberno da Xunta, no que en ningún deles aparece recollida a posibilidade de cobro das prestacións sanitarias.
Artur Mas

Pachi Váquez acusou ao presidente da Xunta de seguir o mesmo camiño de Artur Mas en Cataluña ao implantar o copago na sanidade pública, xa que mentres en Cataluña anuncian que cobrarán polo “abuso” Feijóo refírese ao “uso irresponsable” da sanidade. Esixiulle que “se deixe de eufemismos” e “diga a verdade: si vai cobrar o copago que aprobou no DOG. E si non é así, retire ese decreto”.

O responsable socialista respondeu á proposta de acordo para cubrir o déficit lanzada hoxe polo presidente da Xunta coa condición de que “non toque a educación, a sanidade nin a dependencia”. Advertiu que “si o que está buscando é complicidade para recortarlle aos que menos teñen, non chame a esta porta”.

Dixo que “recortar na sanidade, reducir a prestación sanitaria ou pechar hospitais só fai falla unha chave, pero agora o importante é manter abertos os hospitais e os centros de saúde”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar