Para os galegos as cousas están o dobre de mal, xa que o paro crece o dobre que no resto de España

Para os galegos as cousas están o dobre de mal, xa que o paro crece o dobre que no resto de España

Para os galegos as cousas están o dobre de mal, xa que o paro crece o dobre que no resto de España

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, considerou que para os galegos as cousas están “o dobre de mal” que para o resto dos españois, pois “en Galicia o paro crece o dobre que no resto de España”, segundo os datos da EPA coñecidos hoxe, que mostran un incremento do número de desempregados do 16% fronte ao 8% estatal, que confirman “o peor dos escenarios” para Galicia.
Fixo estas declaración Caamaño nun almorzo informativo na Coruña xunto ao candidato socialista e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o secretario provincial dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, e parte dos integrantes das candidaturas ao Congreso e o Senado, entre os que se atopaban Miguel Cortizo, Javier Losada, Inés Rey e Ricardo García Mira.
“Se o PP sabe como arranxar o problema do paro que llo explique a Feijoo”, sentenciou o secretario xeral dos socialistas, que acusou ao presidente galego de afundir “todo o que toca”, en referencia ás situación do emprego, a sanidade ou o sistema financeiro.
Vázquez criticou tamén o deterioro da sanidade pública en Galicia, pois tras o decreto do pasado 29 de setembro “hai dúas sanidades en Galicia: unha para os PSR- persoas sen recursos- e outra para as demais persoas”.
“Por primeira vez a xente non entrará na sanidade pública en función da súa enfermidade, senón en función da súa condición social”, afirmou Vázquez que considerou este feito “gravísimo”, e lembrou que mentres isto sucede as listas de espera “dispáranse”, con máis de 350.000 galegos agardando por atención sanitaria e 160 días de espera media nos hospitais.
O secretario xeral do PSdeG acusou a Feijoo de “cargarse a política social dos concellos”, en referencia ao recorte, nun 80%, da axuda domiciliaria “que pon en risco 3.000 postos de traballo” e ataca a política social desenvolvida dende os municipios.
Vázquez anunciou tamén a convocatoria, a partir do 31 de outubro dunha “semana convulsa”, a través da celebración de plenos extraordinarios nos concellos e a mobilización social contra os recortes da Xunta.

Falta de política económica
Por outra banda, o cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, afirmou hoxe que o 20N os españois deberán optar entre saír da crise “todos xuntos”, con “máis España e máis Europa”, ou co “depende” que propón o Partido Popular.
“O único programa económico do Partido Popular é depende”, afirmou o candidato socialista, que considerou que os populares tratarán de facer unha campaña “sen falar e sen expor as súas ideas”. Fronte a isto, os socialistas realizarán unha campaña “porta a porta e persoa a persoa para explicar o noso programa” , afirmou.
“O PP pasou de falar do paro a falar da cadea perpetua”, afirmou Francisco Caamaño, que advertiu dos “falsos debates” que trata de introducir o Partido Popular, “porque os españois xa saben como goberna o PP”.
Como exemplo, Caamaño criticou que mentres comunidades como Andalucía manteñen nos seus presupostos para o vindeiro ano os investimentos en educación e sanidade, as comunidades gobernadas polo PP como Castilla- La Mancha “teñen secuestrados os seus presupostos”
Francisco Caamaño criticou tamén a proposta do PP de reducir o número de deputados no Parlamento de Galicia ou no Congreso, “porque non se pode criminalizar a rede de representación institucional dun país”, afirmou.
Neste sentido, o secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, afirmou que “non sobran deputados, falta goberno” e considerou que o PP trata de introducir estes debates na campaña “para ocultar a súa xestión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar