Vázquez acusa ao PP e á xunta de estar destruíndo masivamente o emprego nos servizos sociais deste país

Vázquez acusa ao PP e á xunta de estar destruíndo masivamente o emprego nos servizos sociais deste país

Vázquez acusa ao PP e á xunta de estar destruíndo masivamente o emprego nos servizos sociais deste país

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou esta mañá ao Partido Popular e á Xunta de Galicia de estar destruíndo masivamente o emprego nos servizos sociais deste país.

O líder dos socialistas galegos apuntou que mentres en España o desemprego creceu no último ano un 8%, en Galicia creceu un 16%, e no caso dos servizos sociais o desemprego creceu un 380%, na sanidade un 40% e entre os traballadores de residencias xeriátricas un 20%.

Con estos datos á vista, Pachi Vázquez censurou que o PP diga que van crear emprego mentres despiden aos que traballan en servizos sociais e desmontan a educación pública, a sanidade pública, e recortan o 80% do orzamento para o servizo de axuda no fogar, un recorte de máis de 1.000 millóns de euros.

No primeiro acto de rúa desta campaña na cidade de Ourense, o secretario Xeral do PSdeG afirmou que os socialistas se presentan ante os cidadáns cos “deberes feitos” tras facer a maior inversión da historia desta provincia e converter a Ourense na porta de entrada a Galicia da alta velocidade.

Lembrou que o 35% dos electores de esquerda están indecisos, e que se van a votar a esquerda gañará as eleccións e seguiremos tendo “un país solidario” e con prestacións sociais públicas.

Por último dixo que en Galicia xa hai tres anos que comprobamos que as mentiras do PP e as súas receitas non funcionan, polo que apelou a seguir loitando polo que queremos, por un país que faga iguales, e por unha educación e unha sanidade igual para todos.

A Secretaria de Estado de Igualdad e candidata ao Congreso pola provincia de Ourense, Laura Seara, afirmou que hoxe se inicia un camiño que non é doado, pero que os socialistas “somos realistas” e temos “un proxecto construtivo e de futuro para este país”.

Seara apuntou que fronte á peor crise dos últimos 80 anos, os socialistas presentan plans sectoriais de emprego para crear as condicións necesarias para que se creen postos de traballo nos distintos sectores.

Así, anunciou unha nova Lei de Fomento Empresarial para facilitar a creación de novas empresas e a súa consolidación, mellorar o financiamento aos emprendedores, reducir as cargas administrativas e apoie ás PEMES na súa internacionalización.

A cabeza de lista quixo dirixirse hoxe especialmente aos mozos, cos que os socialistas queren asinar o contrato que representa o programa electoral que inclúe medidas para todos, tanto para os que teñen formación universitaria ou alta cualificación de FP, como os que abandonaron os estudos ou están en risco de abandonalos.

Seara lamentou que a fenda salarial entre homes e mulleres siga sendo en Europa de 17,5%, algo que é “profundamente inxusto, ineficaz e anticompetitivo”.

Por último apuntou que o Estado de Benestar ademais crea postos de traballo, unha razón máis polo que hai que reforzalo, pero hai que saber xestionalo, e aí están os diferentes modelos en Andalucía ou País Vasco fronte a Galicia ou Madrid.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar