Vázquez acusa a Feijóo de levar a cabo o maior deterioro da educación pública

Vázquez acusa a Feijóo de levar a cabo o maior deterioro da educación pública

Vázquez acusa a Feijóo de levar a cabo o maior deterioro da educación pública

O secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, interviu no mitin da Coruña xunto ao alcalde e candidato, Javier Losada, e a ministra de Defensa, Carma Chacón, e acusou ao presidente da Xunta de levar a cabo o maior deterioro da educación pública en Galicia e esixiulle a Feijoo que “todos os profesores que son candidatos nestas eleccións municipais sexan substituídos durante a campaña".

Neste senso, Vázquez denunciou que “o goberno de Feijoo non ten pensado que estes profesores sexan substituídos, deixando a miles de rapaces sen profesor durante15 días: “Estó non é austeridade, estó é incompetencia”, aseverou.

Criticou que en dous anos de goberno de Feijoo “a educación deixou de ser unha prioridade”, e lembrou que “suprimiu a gratuidade dos libros de texto” suprimiu máis de 500 docente, encareceu de xeito espectacular os comedores escolares, rexeitou o consenso linguiístico e deixou sen becas de estudio a máis de 3000 investigadores”.

Neste senso, o líder dos socialistas de Galicia denunciou que “ao PP non lle gusta o modelo social e do benestar que garante a universalidade e a gratuidade dos servizos públicos esenciais”.

Pachi Vázquez aseverou que “ao goberno galego non lle gusta nin a educación nin a sanidade públicas, As quere cambiar por outro modelo no que prima a privatización e o copago”. Deste xeito, lembrou que “privatízanse os novos hospitais e introdúcese o copago como fórmula para financiar os novos proxectos”, aseverou.

O líder dos socialistas augurou que “camiñamos cara á liquidación do sistema do benestar”. “Aprobaron un catálogo de medicamentos que privaba aos galegos de 430 medicamentos amparándose na austeridade, e sen embargo gastan miles de euros en publicidade para o autobombo”, denunciou

O líder dos socialistas apuntou “que mentres Feijoo despreocúpase de Galicia e dos galegos, unha vez máis o goberno de Zapatero responde, xa que hoxe o Consejo de Ministros aprobou os 37 millóns de euros para o Parador de Muxía”. “Unha mostra máis do compromiso do Goberno Central con Galicia”

A Coruña referente do municipalismo

Pachi Vázquez resaltou que “A Coruña é un auténtico símbolo do municipalismo e do socialismo en Galicia.. “É un referente das cidades de Galicia e de España, como o seu alcalde, Javier Losada, un referente para tódolos alcaldes”, apuntou.

Vázquez destacou que “son moitos anos mirando para A Coruña, dende todos os concellos de Galicia, como modelo de cidade avanzada e de progreso”.”Está na vangarda de Galicia, porque os gobernos municipais socialistas sempre apostaron pola modernización da cidade”, incidiu o socialista.

O líder dos socialistas sinalou que “alégrame que este acto, xa tradicional nas eleccións de Coruña, se celebre nun instituto que leva o nome dunha das personalidades máis destacadas da cultura galega”.

Neste senso, lembrou que “Curros Enríquez, cando publicou “Aires da miña terra”, en 1880, foi denunciado polo Bispo de Ourense por herexe e por atacar á relixión. Houbo un proceso e foi condenado en Ourense, pero resultou absolto na Coruña”. ”Non cabe dúbida que estamos nunha cidade progresista, como xa o era a finais do século XIX”, aseverou Vázquez.

Concellos pensando nas persoas
Pachi Vázquez sinalou que “os socialistas queremos uns concellos dos cidadáns e para os cidadáns”. “Uns concellos abertos, participativos, comprometidos co benestar e a calidade de vida dos seus veciños, en definitiva concellos modernos e con servizos eficaces”, demandou.

Neste senso, reiterou que “uns concellos nos que todos poidamos vivir e realizarnos dende a igualdade, dende a tolerancia e dende o respecto”.

“Os socialistas tivemos nesta lexislatura a responsabilidade de gobernar na Coruña e na maioria das vilas, capiais e cidades de Galicia. E non defraudamos. Cumprimos coa nosa obriga” concluiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar