Vázquez acusa a Feijóo de impulsar "unha sanidade de dúas velocidades, que discrimina aos que non teñen recursos"

Vázquez acusa a Feijóo de impulsar "unha sanidade de dúas velocidades, que discrimina aos que non teñen recursos"

Vázquez acusa a Feijóo de impulsar "unha sanidade de dúas velocidades, que discrimina aos que non teñen recursos"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, anunciou que o PsdeG-PSOE presentara unha batería de iniciativas por toda Galicia para que as persoas sen recursos poidan acceder a unha sanidade publica e gratuíta. Este acceso está limitado dende o 29 de setembro, merced a un novo regulamento de Sanidade. Este regulamento restrinxe o acceso á tarxeta sanitaria ao colectivo que denomina “persoas sen recursos económicos suficientes (PSR). Pachi Vázquez advertiu que o PP impulsa unha sanidade de dúas velocidades, unha sanidade “para aqueles que teñen recursos e outra para os que non os teñen”, lamentou.

Denuncia que o Goberno de Feijoo tomou a decisión “de que as persoas sen recursos suficientes non teñen dereito á atención primaria” e engadiu que este tipo de problemas “son os que nos xogamos solucionar o 20-N”. “Como van a pagar se non teñen recursos?”, preguntou.

Pachi Vázquez, que participou na presentación das candidaturas socialistas de Lugo ao Congreso e ao Senado, acompañado do Vicecresatario xeral do PSOE e candidato José Blanco, cualificou a xestión do Goberno de Feijoo na política contra incendios como “catastrófica”, xa que asevera que “a maior catástrofe medioambiental dos últimos anos”.

Tamén tivo palabras de recoñecemento para o Ministro e candidato José Blanco, quen “conseguiu o maior investimento da historia democrática deste país”. E subliñou que “mentres hai un goberno en España preocupado por sacar adiante a Galicia, ¿onde está o goberno galego?”, proclamou.

Afirma que “máis de 20 mil hectáreas arderon durante as últimas semanas e que hai diferenza substancial con outras veces: desta volta non había goberno. Non había quen apagase os lumes, tiveron que ser os homes e as mulleres de cada aldea con ramallos e con mangueiras os que se tiveron que defenderse deses lumes”, espetou Vázquez.

Onde estaba o Goberno de Feijoo

O líder socialista fixo alusión á axenda dos membros do Goberno da Xunta nesta vaga de lumes. Preguntouse onde estaba o presidente Feijoo, estes días de outono de maior incidencia, “en Arxentina” ou, “onde estaban os membros do goberno galego?, no Bernabeu vendo ao Real Madrid; onde estaban os alcaldes do PP, de vacacións.... E a nosa xente soa e abandonada”, denunciou.

Zona catastrófica

O secretario xeral do PsdeG lembrou ademais que os veciños da Galicia interior afectada polos lumes “piden que declaremos a Galicia como zona catastrófica, pois eu o que pido desde aquí é que declaremos a este goberno como goberno catastrófico” para Galicia.

E insistiu nas súas críticas: “Feijoo di que non pasa nada. Desaparece o sistema financeiro e din que non pasa nada, crece o paro o dobre que en España, caen as afiliacións á Seguridade Social e non pasa nada; dous mil traballadores menos na sanidade e na educación e non pasa nada”, resumiu Vázquez.

Derrota de ETA

O secretario xeral dos socialistas galegos tivo unha mensaxe de recoñecemento para o Ministro, José Blanco, o candidato socialista á Presidencia do Goberno e ex-Ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, e o pesidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, “por conseguir a derrota de ETA”. Dixo que Zapatero “foi o que derrotou a esa lacra terrorista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar