Vázquez acusa a Feijóo de estrangular a economía e acabar co sistema financeiro: "Con vostede, nin caixas nin banco"

Vázquez acusa a Feijóo de estrangular a economía e acabar co sistema financeiro: "Con vostede, nin caixas nin banco"

Vázquez acusa a Feijóo de estrangular a economía e acabar co sistema financeiro: "Con vostede, nin caixas nin banco"

O presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos e secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo de “estrangular” a economía galega e de fracasar no obxectivo de acadar un sistema financeiro propio para Galicia. “Con vostede, nin caixas nin banco”, espetoulle a Feijóo na sesión de control do Parlamento.

Vázquez lembrou que “no 2011 o desemprego medrou en Galicia un 50% máis que en España, o PIB medrou dúas décimas menos que no resto do Estado, mentres o índice de producción industrial debece catro veces máis. A isto engadiu o problema coa que se atopan as familias e empresas que non teñen crédito.

Unha situación que se agrava coa “desaparición” do sistema financeiro galego á que levou a xestión do Goberno de Feijóo. Así, lembrou que Feijóo “comezou dicindo que coa fusión das caixas teríamos a quinta caixa de España, e hoxe non temos nin caixa nin banco”.

Por elo, esixiu a Feijóo que recoñecese “claramente e sen maquillaxe” que “quedan dúas opcións: que nos compre capital estranxeiro e dependamos de Nueva York ou Londres; ou que nos compre o Banco de Santander, BBVA, Caixabank ou Bankia e dependamos de Madrid, Barcelona, Bilbao, Vizacaya ou Santander”.

“Durante tres anos nos estivo enganando a todos” espetoulle Vázquez a Feijóo, á vez que lle esixiu que “diga a verdade por unha vez e lle recoñeza aos galegos e galegas que non vamos ter caixas nin sistema financeiro propio porque vostede levou este proceso a un punto sen retorno”.

Despois de que Feijóo afirmase que a situación sería peor se gobernasen os socialistas, Vázquez lembroulle que a súa labor como presidente da Xunta é gobernar. “Eu o único que sei é o que pasa estando vostede na Xunta, que é que non temos nin caixas nin banco e que por enriba temos un presidente que esconde a verdade e que non recoñece que o único que importa no futuro é quen nos compra”.

“Vostede fracasou en ter un sistema financeiro propio porque non fixo unha boa xestión”, díxolle a Feijóo.

Corralito das preferentes
Pachi Vázquez referiuse tamén á situación que atravesan 100.000 persoas “que viven nun particular corralito galego”, aludindo aos afectados polas participacións preferentes.

Instou a Feijóo a buscar solucións “aínda que sabemos que resolver problemas non lle vai”, e esixiulle que aclare “se está do lado da xente que puxo cartos para o sistema financeiro, ou si está do lado dos que malgastaron eses cartos”.

Preguntou a Feijóo si mantivo algunha reunión cos afectados polas participacións preferentes “como si tivo tempo para reunirse con outros” e que solucións lles dará.

“Pídolle claridade, deixe de dar voltas e diga a verdade, e explique se en realidade había que levar tanto traballo para conseguir que desapareza o noso sistema financeiro, e se renuncia a que Galicia teña un sistema financeiro propio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar