Vázquez acusa a Feijóo de encabezar unha cruzada do PP para o desmantelamento da sanidade pública

Vázquez acusa a Feijóo de encabezar unha cruzada do PP para o desmantelamento da sanidade pública

Vázquez acusa a Feijóo de encabezar unha cruzada do PP para o desmantelamento da sanidade pública


O secretario Xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo de encabezar a cruzada que está a levar a cabo o PP contra a sanidade pública a nivel nacional.

Na sesión de control do Parlamento, Vázquez denunciou a “campaña de derribo do sistema público sanitario” que emprendeu o PP, e que Feijóo iniciou “encendendo todas as alarmas, ao falar de 15.000 millóns de facturas no caixón, de pagos aprazados, e afirmando que a sanidade pública está enferma”. Fronte a isto, espuxo que en realidade “as únicas facturas que había nun caixón foron as dos 385 millóns de euros correspondentes ao goberno de Fraga, do que vostede era vicepresidente, e que atopamos nos no ano 2005”.

Vázquez afirmou que o Goberno de Feijóo “está a desmantelar a sanidade pública” e lembrou que á súa chegada á Xunta recibiu unha débeda farmacéutica hospitalaria de 89 millóns de euros “que en dous anos elevou a 236 millóns, o que supón un incremento do 164 por cento”.

Engadiu que o pago a provedores pasou dos 56 días aos a 272 días, o que supón un 160 por cento de incremento, mentres que Feijóo conseguiu que Galicia encabezase o gasto farmacéutico per cápita en 2010 en toda España “conseguindo que a nosa comunidade sexa a única que incrementa o gasto”.

Vázquez acusou a Feijóo e á conselleira de Sanidade de tentar enganar á opinión pública respecto ao aforro que supón o catálogo de medicamentos, “porque afirman que aforra 42 millóns de euros, pero o que non din é comunidades como Andalucía, Cataluña ou Valencia aforran 84, 71 e 67 millóns respectivamente, a pesar de non contar con este catálogo”.

Na mesma liña apuntou que “todas as comunidades aforran no mesmo período o 12 por cento de media, pero coa particularidade de que ningunha reduciu aos cidadáns o acceso a 427 medicamentos”.

Resumindo, Vázquez afirmou que con Feijoo, Galicia ten hoxe unha maior débeda farmacéutica hospitalaria, un maior gasto por cápita e os galegos teñen 427 medicamentos menos que os resto de cidadáns, sen que supoña máis aforro que no resto das comunidades.

Por elo, denunciou que Feijóo tenta desmantelar o sistema sanitario público “escondéndose detrás das dificultades económicas, e dicindo unha cousa aquí e outra en Madrid”.

Enmarcou neste ataque á sanidade o anuncio realizado pola conselleira para establecer oito prioridades médicas e afirmou que “isto quere dicir que o que non sexan esas oito prioridades, serán recortes de prestacións que veremos nos próximos meses”. “Cando vostedes falan de algo prioritario, é para sacar o que consideran que non o é, porque xa o fixeron así coas listas de espera, dando a unhas prioridade e ocultando as outras”.

“Ten o dubidoso honor de encabezar dende Galicia a ruptura e desmantelamento do sistema sanitario público”, espetoulle Vázquez a Feijóo, á vez que lle lembrou que “hoxe 420.000 galegos están en lista de espera, o que supón un récord histórico; hai mais camas pechadas que nunca; mais recortes de medicamentos e temos os peores datos de aforro”.

Advertiulle a Feijóo que “non conseguirá desmantelar o sistema sanitario público” e ofreceulle un pacto para a defensa da sanidade pública, universal e gratuíta, afirmando que “aí terán o apoio dos socialistas, para o resto, non”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar