Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “destrozar” o ensino público de Galicia

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “destrozar” o ensino público de Galicia

Pachi Vázquez acusa a Feijóo de “destrozar” o ensino público de Galicia

 O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, acusou  a Feijóo de perpetrar un “ataque sistemático” para “destrozar o ensino público de Galicia”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, no que dixo que “o seu principal instrumento no ensino foron as tesoiras” coas que recortou 240 millóns de euros en dous anos, deixando o ensino nunha situación “dramática”.

Pachi Vázquez advertiu que “ningún presidente rebaixou tanto as prestacións públicas” cuns recortes “despiadados” de 240 millóns de euros tanto en sanidade como en educación mentres renuncia a recadar 81 millóns de euros en dous anos a través do imposto do Patrimonio. Dixo que “suprime a gratuidade dos libros de texto, sube o prezo dos comedores -o neno que non paga non come-, pecha aulas” e elimina 1.000 docentes.

O tamén secretario xeral do PSdeG-PSOE pediu ao presidente da Xunta que “retire a instrución 1/2011 que deixa fora dos comedores aos nenos de familias con dificultades e que poña en marcha unha liña de axudas para comedores escolares dirixidas aos alumnos de familias con dificultades sociais e económicas”.

Criticou que o Pacto Social pola Educación que propuxo Feijóo na súa investidura para que dous anos despois “a calidade do sistema e a dignidade do profesorado traducíronse en que os profesores son uns vagos e que hai que destrozar o ensino público”. Actualmente, dixo, “son os concellos os que están botando unha man ás familias, sacrifícanse eles pero o goberno galego dálle as costas e provoca un grave deterioro”.

Advertiu que “da crise non se sae  pechando escolas, anulando bolsas de estudos nin recortando en universidades, senón investindo mais en educación e garantindo unha sanidade pública que sexa boa para todos”.

Desacordo unánime

Pachi Vázquez dixo que a xestión de Feijóo en educación provocou un “desacordo unánime” en toda a comunidade educativa, que “revélase” contra o modelo de recortes no ensino. Dixo así que “a situación vímola onte, con 12.000 docentes secundando o paro e 60.000 alumnos que deixaron de ir a clase.

O líder dos socialistas galegos dixo que estas protestas constitúen unha “resposta abrumadora” fronte a unha política educativa centrada nos recortes e que “mantén a Cidade da Cultura pero non ten diñeiro para comedores escolares, bolsas ou Universidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar