Vázquez acusa a Feijoo de “abandonar aos cidadáns” durante a vaga de lumes e de insultalos agora ao empecinarse en minorala

Vázquez acusa a Feijoo de “abandonar aos cidadáns” durante a vaga de lumes e de insultalos agora ao empecinarse en minorala

Vázquez acusa a Feijoo de “abandonar aos cidadáns” durante a vaga de lumes e de insultalos agora ao empecinarse en minorala

O secretario xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acusou hoxe a Feijóo de “insultar e rirse da Galicia interior” e de abandonar aos cidadáns ante os lumes. Así o afirmou na sesión de control do Parlamento, no que cuestionou a política de transparencia do Executivo autonómico.

Ademais, acusouno tamén de fabricar cortinas de fume coa súa proposta de subir o IBI xa que nin ten competencias ni postestade para facelo, dado que se trata dun imposto estatal e municipal, mentres que pola contra abandona as competencias que si ten en materia de prevención e extinción dos lumes.

Sinalou que Feijóo “fixo da transparencia unha palabra clave ata que se pediu unha comisión de investigación das caixas, a comparecencia de conselleiros ou documentación; e o cénit desa transparencia é a súa política de incendios”.

“Pasou de ensinar os mapas da Nasa a ter borrada a web de medio rural, de percorrer Galicia dicindo que os lumes eran un drama a desaparecer”, espetou.

Lembrou que en 2006 Feijóo, ante a vaga de lumes, afirmaba que “en una situación de emergencia tiene que haber un presidente al frente. Es patético que el presidente no haya reunido a su gobierno ante la situación de emergencia. Si mi partido estuviera en el gobierno no habría nadie de vacaciones en esta crisis”, e ademais chegou a solicitar unha comisión de investigación sobre as causas dos lumes e as políticas realizadas.

“Como cambian os tempos e a vida”, espetoulle Vázquez, que lembrou que Feijóo pasou de dicir todo isto cando estaba na oposición a desaparecer durante os incendios de outubro. “Tería que caerlle a cara de vergoña de ser o autor destas frases e dicir agora con todo o cinismo que non sabe nada”, dixo, á vez que reclamou a Feijóo que explique “onde estaba o seu goberno cando miles de homes e mulleres estaban sos, apagando o lume coas súas propias mans, coa axuda do exército e cos escasos medios da Xunta”.

Criticou o desmantelamento das políticas de prevención de incendios, a redución de 50 millóns de euros para a prevención dos lumes, e dando por pechada a tempada de lumes o 27 de setembro, mandando para casa a brigadistas, condutores de motobombas, e vixiantes, deixando arder o monte impunemente.

Denunciou que os medios da Xunta “tardaron cinco veces máis en chegar” e que o persoal e medios foron escasos, como evidencia o feito de que “non houbo nunca un lume que durase 22 días, como pasou este ano co de Manzaneda, que non se apagou ata que choveu”.

Vázquez acusou a Feijóo de “insultar e rirse da Galicia interior e dos homes e mulleres que tiveron que apagar os lumes coas súas mans mentres vostede estaba en Arxentina pedindo votos para Rajoy”.

Por elo, esixiu o “cese fulminante” do conselleiro de Medio Rural e do “delegado do Bernabeu” –en alusión ao delegado territorial de Ourense-. “Onde estaban vostede e o seu goberno cando os veciños estiveron sos ante os lumes?. Vostede en Arxentina, os alcaldes de paseo, o delegado de Ourense no Bernabeu e o conselleiro de Medio Rural escondido. E o presidente en funcións tampouco apareceu por ningún sitio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar