Vázquez: "A candidatura de Bueu é unha aposta de futuro que garante a recuperación do PSdeG como forza política esencial no Morrazo

Vázquez: "A candidatura de Bueu é unha aposta de futuro que garante a recuperación do PSdeG como forza política esencial no Morrazo

Vázquez: "A candidatura de Bueu é unha aposta de futuro que garante a recuperación do PSdeG como forza política esencial no Morrazo

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou a candidatura de Bueu, encabezada por José Manuel Castro, como “unha aposta de futuro” que garante “a recuperación do PSdeG como forza política esencial nesta comarca do Morrazo”.

O líder socialista, que respaldou a candidatura de Bueu, expresou a súa confianza nos bos resultados que o PSdeG obterá neste concello “principalmente, pola boa oposición realizada, e tamén porque os gobernos socialistas dende a Xunta e dende o Goberno central, fumos os que realmente fixemos investimentos en Bueu”.

Neste punto, lembrou a importancia das infraestruturas hidráulicas realizadas polo anterior Goberno socialista da Xunta, coa canalización urbana do río Bispo; nas praias da Banda do Río e na Pescadoira; a mellora da vía central da vila; e os investimentos en centros educativos.

Destacou ademais o saneamento da Ría de Pontevedra, que supuxo “dotar ás edares de sistemas de desinfección, mellorando os saneamentos de Pontevedra e Marín”. Lembrou que foi tamén o anterior Executivo socialista o que deixou programada a edar de Sanxenxo, “que hoxe non está en construcción polas trabas deste concello en poñer os terreos a disposición e polo parón da Xunta de Feijóo no saneamento das Rías Galegas”.

“Un parón que, por certo, imos pagar todos, porque a Unión Europea vai multar a España polo incumprimento da depuración das augas residuais das poblacións de máis de 15.000 habitantes”, apuntou.

Lembrou que o anterior goberno socialista da Xunta deixou proxectadas 22 novas edares, dende Baiona ata Ribadeo, cun investimento multimillonario, para sanear todas as rías galegas, e que só restan por licitar dúas: Ribeira e Sanxenxo. “Que casualidade que as dúas estean en concellos gobernados polo PP”, ironizou.

A estes dous anos de paralizacións e retrasos engadiu “a nefasta política marisqueira” evidenciada pola supresión do seguro colectivo do mar “que deixou a máis de 30.000 mariñeiros e mariscadoras de toda Galicia, moitos deles de Bergantiños, sen seguro de accidentes dende outubro do ano pasado”, así como a supresión das axudas ás mariscadoras.

“Os gobernos socialistas fomos os que máis apoiamos aos concellos nesta lexislatura municipal. O fixemos dende a Xunta, mentres gobernamos. E o fixo o Estado, sobre todo, a través do Plan E”, apuntou Vázquez, “non o fixeron, sen embargo, as consellerías do BNG, nin tampouco o está a facer o PP”.

Por elo, Vázquez salientou que “con José manuel imos gañar votos e concelleiros, e imos recuperar o pulo perdido nesta última lexislatura”. Destacou ademais a renovación e xuventude dunha candidatura “que estou convencido, como se van convencer moitos veciños e veciñas de Bueu, que é o nacemento dunha nova corrente socialista que vai ter moito que dicir a partir do 22 de maio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar