Vázquez: “A boa xestión e os investimentos conseguidos polos socialistas son o seu mellor aval para gañar a confianza maioritaria en Maceda”

Vázquez: “A boa xestión e os investimentos conseguidos polos socialistas son o seu mellor aval para gañar a confianza maioritaria en Maceda”

Vázquez: “A boa xestión e os investimentos conseguidos polos socialistas son o seu mellor aval para gañar a confianza maioritaria en Maceda”

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, destacou a boa xestión e os investimentos conseguidos polos socialistas como o seu mellor aval para gañar a confianza da maioría dos veciños e veciñas en Maceda.

Así o afirmou no acto de presentación da candidatura do PSdeG, encabezada por Ana Rodríguez Blanco, no que lembrou o traballo realizado polo PSdeG no goberno municipal durante tres anos, e “que chegou a facerlle sombra ao alcalde, polo que preferiu botar aos socialistas do grupo de goberno”.

Nesta liña, expresou a súa confianza en que a cidadanía “recoñecerá a xestión realizada e os avances sociais conseguidos e reforzará á súa confianza no PSdeG nestas eleccións”.

Salientou que “os maiores investimentos realizados en Maceda nesta lexislatura viñeron da man dos gobernos socialistas da Xunta e do Goberno central, a través do Plan E”.

Así, destacou proxectos como a estrada da Rabeda, entre Maceda e Ourense, sinalando que “os veciños teñen que saber que aínda que foi inaugurada por Feijóo, quen a proxectou, a licitou, a contratou e a deixou en execución foi o goberno socialista presidido por Touriño”.

O líder socialista tamén lembrou que a depuradora de augas residuais foi unha obra da Consellería de Medio Ambiente do Goberno socialista da Xunta “respondendo a unha petición do grupo socialista de Maceda”.

Fixo especial fincapé no traballo realizado en políticas sociais, a dependencia, a educación e a sanidade, “áreas esenciais para o benestar dos cidadáns, que estiveron xestionadas en Maceda por unha concelleira socialista, Ana María Rodríguez, que será a próxima alcaldesa deste concello”.

Vázquez apuntou tamén que “hai dúas etapas ben diferenciadas nesta lexislatura municipal: os dous primeiros anos de goberno socialista na Xunta, e os dous últimos, co goberno do PP”. “Mentres os primeiros foron moi fructíferos para Maceda, os últimos foron catastróficos”, proclamou. Como mostra disto sinalou o Centro de Día, “xa construído, que está agardando polo seu equipamento e apertura”.

“A política socialista nos concellos non é destruír, senón construír”, sentenciou Vázquez, á vez que apuntou que “en todos os concellos nos que estamos cogobernando co BNG, o facemos dun xeito construtivo, favorecendo sempre o interese xeral e o benestar dos cidadáns”.“Así o fixemos en Maceda, e por isto se nos botou, inxustamente, do goberno municipal; foi unha afrenta do alcalde, que terá que pagar nestas eleccións”, concluíu.

Por elo, considerou que “os 14 millóns de euros conseguidos para Maceda gracias á xestión dos socialistas, son o mellor aval para gañar a confianza dos cidadáns nestas eleccións”.

“En Maceda, en Ourense, en Coles, en Amoeiro, en Xinzo e no resto dos concellos deste partido xudicial, o PSdeG está en ascenso, mentres que o PP está en caída, principalmente, porque está dividido e hai unha guerra fraticida entre os da boina e os do birrete”, apuntou, aínda que “ambos son a mesma cousa, porque só buscan o poder e o control político, pero non o progreso e o benestar dos cidadáns desta provincia”.

No acto interveu tamén o secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, que afirmou que “o goberno de Touriño puxo a Maceda no mapa coa OU-101, abrindo unha serie de posibilidades para que Maceda sexa unha vila periférica de Ourense, residencial e industrial”.

A candidata, Ana María Rodríguez Blanco, afirmou que “os socialistas queremos unha Maceda con futuro, moderna, con igualdade de oportunidades”, polo que o programa co que se presentan ante os cidadáns “céntrase nas persoas e nunha xestión transparente e austera dos servizos sociais, as políticas de conciliación, a mobilidade sostible e o desenvolvemento económico da vila”.

CANDIDATURA

1 RODRIGUEZ BLANCO, ANA MARIA
2 ARCOS ALVAREZ, JOSE
3 RODRIGUEZ GALLEGO, JOSE RAMON
4 FARIÑAS SANCHEZ, ROSA MARIA
5 PROL CID, ROSA MARIA
6 GONZALEZ BACEIREDO, JOSE MANUEL
7 DOMINGUEZ MARTINEZ, FRANCISCO
8 DIAZ GARRIDO, MARIA ISABEL
9 GONZALEZ CARBALLO, JOSE
10 BLANCO GARCÍA, MARÍA CONCEPCIÓN
11 RIVAS RODRIGUEZ, ELADIO
S1 BRETAÑA DURÁN, RAQUEL
S2 VILLAR PAREDES, RAMON
S3 SANCHEZ GARCIA, HERMELINDO
S4 MARTINEZ BALTAR, PIEDAD
S5 OSORIO LAMELAS, ROBERTO CARLOS
S6 GÓMEZ MARTÍNEZ, VICTORIA
S7 GARCIA LOPEZ, JOSE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar