Varela reclama que se anule a retirada da Tarxeta Sanitaria aos parados no estranxeiro e acusa o PP de desenvolver a demolición da sanidade pública española

Varela reclama que se anule a retirada da Tarxeta Sanitaria aos parados no estranxeiro e acusa o PP de desenvolver a demolición da sanidade pública española

Varela reclama que se anule a retirada da Tarxeta Sanitaria aos parados no estranxeiro e acusa o PP de desenvolver a demolición da sanidade pública española

A moción socialista foi apoiada por todos os grupos, a excepción do PP que, coa súa maioría absoluta, logrou tombar a proposta cualificada por Varela como "a reposición da xustiza"

Apunta que esta medida afecta singularmente aos nosos mozos que se ven obrigados a buscarse a vida fóra de España, e que ao non ter cobertura sanitaria nin recursos para pagarse unha atención privada, supoñerá un grave risco para a súa saúde, e mesmo para a súa vida, se sofren unha doenza grave

O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, defendeu esta mañá, no Pleno da Cámara Alta, unha moción pola que reclamaba o Goberno que anule a retirada da Tarxeta Sanitaria aos parados no estranxeiro. A proposta foi apoiada por todos os grupos da cámara a excepción do Partido Popular que quedou só e impediu coa súa maioría absoluta a aprobación da moción cualificada por Varela como "a reposición da xustiza".

O parlamentario do PSOE, que interpelou a Ministra Ana Mato no pleno da semana pasada, presentou unha moción na que solicitaba que o Goberno anulase as modificacións lexislativas introducidas nos últimos presuposto, e que supoñen a perda da Tarxeta Sanitaria para os parados españois que saian do noso país e permanezan máis de 90 días no estranxeiro.

Ricardo Varela recriminou ao Partido Popular as medidas que está a desenvolver e que supoñen a "demolición da sanidade pública española". Neste punto, recordou os instrumentos de axuste utilizados polo Goberno como o recorte do gasto, a instauración do copagamento e a privatización da xestión.

Varela destacou que, xunto coa exclusión de atención a colectivos como inmigrantes irregulares, o Executivo do PP "está a lograr que a nosa sanidade xa non sexa nin universal nin gratuíta nin de calidade". A continuación, puntualizou que a retirada da Tarxeta Sanitaria aos parados que saian ao exterior é unha última volta de rosca do Goberno ao recorte do noso Sistema Nacional de Saúde e aos dereitos de cidadanía.

O senador galego sinalou, igualmente, que esta medida afecta singularmente aos nosos mozos que se ven obrigados a buscarse a vida fóra de España, e que ao non ter cobertura sanitaria nin recursos para pagarse unha atención privada, supoñerá un grave risco para a súa saúde, e mesmo para a súa vida, se sofren unha doenza grave.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar