Varela pide explicacións ao Goberno pola retirada da cobertura sanitaria aos que marchen máis de 90 días fóra do país e reclama que se lle garanta a todos os españois desprazados no estranxeiro

O senador do PSOE por Lugo critica que o Goberno e o PP sigan asegurando que "a nova regulación non modifica nada" e subliña que esta nova medida, este novo recorte, xerou elevados niveis de inquietude entre os sectores máis desprotexidos da nosa sociedade

O senador socialista por Lugo, Ricardo Varela, defenderá unha moción consecuencia de interpretación na sesión plenaria da Cámara Alta do próximo martes, 18 de febreiro, na que pedirá ao Goberno explicacións pola súa decisión de retirar a cobertura sanitaria a aqueles que se despracen fóra do país durante máis de 90 días.

Neste sentido, reclamará ao Executivo do PP que garanta a devandita prestación a todos os españois desprazados no estranxeiro e, de xeito especial, a aqueles que esgotaron a prestación o subsidio por desemprego ou outras prestacións de similar natureza.

Varela subliñou que o Goberno non pode aplicar este tipo de medidas e despois afirmar que coa súa reforma sanitaria se consegue un "verdadeiro sistema universal".

O parlamentario do PSOE explicou que a situación dos traballadores estranxeiros que abandonaron o noso país, xa se establecera no Real Decreto 1192/2012, do 3 de agosto, polo que se regula a condición de asegurado e de beneficiario para os efectos da asistencia sanitaria en España. Tamén sinalou que, por moito que se pretenda disimular, esta novidade normativa se incluíu na Lei de presupostos e confirma que o requisito de residencia agora se reclama tamén aos españois e se fixa no límite de 90 días.

Ricardo Varela criticou que o Goberno e o PP seguen asegurando que "a nova regulación non modifica nada" e subliñou que esta nova medida, este novo recorte, xerou elevados niveis de inquietude entre os sectores máis desprotexidos da nosa sociedade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar