Varela di que a modernización, a innovación e a democratización son as novas claves que rexen a Deputación de Lugo

Varela di que a modernización, a innovación e a democratización son as novas claves que rexen a Deputación de Lugo

Varela di que a modernización, a innovación e a democratización son as novas claves que rexen a Deputación de Lugo

O deputado lucense do Grupo Parlamentario Socialista Ricardo Varela dixo hoxe que modernización e innovación e a democratización son as novas claves que rexen a Deputación de Lugo cos concellos e cos cidadáns. Asegura que a promoción turística, o apoio cultural ou a conservación das estradas son responsabilidades deste ente. Pero advirte que a Deputación de Lugo ten que asumir outras responsabilidades debido ao efecto dos vasos comunicantes, e denuncia “ deixacion, abandono e a falla de compromiso do Goberno de Feijoo cos concellos de Galicia”, nese senso puxo como exemplo a asistencia domiciliaria.

Varela fixo esta afirmación na Comisión 3ª do Parlamento, onde compareceu o Presidente da Deputación de Lugo, Jose Ramon Gomez Besteiro para presentar os seus orzamentos.

O parlamentario socialista explicou que un dos problemas mais graves de Lugo é “o avellentamento da poboación”, e replica que ante a ausencia de políticas da Xunta “a Deputación de Lugo impulsa propostas para atallar este problema”.

O deputado dixo que no se refire ao emprego a Deputación de Lugo puxo en marcha políticas e iniciativas para reactivar o fomento do emprego, como por exemplo na formación de 1.200 traballadores. Pola contra criticou que o Goberno de Feijoo reduciu a partida para políticas activas de emprego, que dan como resultado que Galicia medra en desemprego o dobre que a media estatal nos últimos 2 anos, un 35% fronte ao 17%. Por iso agradeceu o esforzo de este organismo neste campo.

A Xunta reduciu en 30 millóns de euros os Fondos Europeos

No que se refire ao apoio do sector Primario e o sector agrogandeiro na provincia de Lugo, acusou a Xunta de reducir 30 millóns de euros a aportacion de Fondos Europeos, e subliña que gracias a estes Fondos a Deputación de Lugo puido impulsar este sector. Ademais lembrou a creación do Centro de Recría (Granxa Gayoso Castro) que é a primeira iniciativa deste tipo en España, e preguntoulle que axudas ten da Consellería de Medio Rural para crear este Centro.

Residencias da 3º idade

Sobre a construcción de Residencias de 3º Idade por parte da Deputación na provincia dixo que é froito das demandas dos concellos e dos cidadáns, e acusou ao Goberno de Feijoo de esquecer aos veciños de Lugo. Por ultimo preguntoulle que axudas percibe da Xunta para a súa construcción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar